Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(22-07-2009)

O camiño de Gerardo: ver e oír coas mans

O vindeiro 19 de agosto, Gerardo, unha persoa xordocega de Vigo, iniciará o Camiño de Santiago dende Roncesvalles en triciclo-tándem adaptado, co apoio de dúas persoas voluntarias (unha xorda e unha oínte) do Servizo de Voluntariado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG.

A duración do percorrido será aproximadamente de 15 días e durante os mesmos os participantes percorrerán o Camiño Francés, pasando polas provincias de Navarra, La Rioja, Burgos, Palencia, León, Lugo e A Coruña.

Para o desenvolvemento de todo o Camiño de Santiago dos 3 participantes cóntase co apoio, ademais dunha persoa anónima que doou os cartos necesarios para o triciclo, das seguintes entidades: Europcar, Mapfre Seguros, Fundación Óscar Pereiro, Club Ciclista Vigués, Fundación FAXPG, Asociación ASPAVI, ANVA Sport, Monfero Bike Club, Subdirección Xeral de Voluntariado e Participación, Obra Social Caixa Galicia e Beloke Producións Audiovisuais.

Se algunha persoa está interesada en achegarse aos lugares de aloxamento para coñecer a Gerardo e os seus acompañantes e conversar con eles sobre a súa aventura, a continuación infórmase das datas aproximadas e lugares de aloxamento durante o camiño:

Día 19/08/2009 (Etapa 1) Cizur (Navarra)
Día 20/08/2009 (Etapa 2) Villamayor de Monjardín (Navarra)
Día 21/08/2009 (Etapa 3) Navarrete (La Rioja)
Día 22/08/2009 (Etapa 4) Belorado (Burgos)
Día 23/08/2009 (Etapa 5) Burgos (Burgos)
Día 24/08/2009 (Etapa 6) Puente Fitero (Burgos)
Día 25/08/2009 (Etapa 7) Calzadilla de la Cueza (Palencia)
Día 26/08/2009 (Etapa 8) Reliegos (León)
Día 27/08/2009 (Etapa 9) Hospital de Órbigo (León)
Día 28/08/2009 (Etapa 10) Foncebadón (León)
Día 29/08/2009 (Etapa 11) Pereje (León)
Día 30/08/2009 (Etapa 12) Hospital da Condesa (Lugo)
Día 31/08/2009 (Etapa 13) Portomarín (Lugo)
Día 01/09/2009 (Etapa 14) Arzúa (A Coruña)
Día 2/09/2009 (Etapa 15) Santiago de Compostela (A Coruña)



[FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA, FAXPG]

Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado