Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(14-07-2009)

Foto tomada por El País para ilustrar a reportaxe Una casa en la que envejecer

Unha casa na que envellecer en Lodoselo

O diario El País publicou o pasado sábado, 11 de xullo a reportaxe "Una casa en la que envejecer" na que dá conta dunha das iniciativas do Centro de Desarrollo Rural (CDR) O Viso denominada "A túa outra casa" a través da cal se habilitou unha vivenda comunitaria para que 12 veciños da bisbarra da Limia non teñan que abandonar o rural.

Xunto co persoal que atende aos usuarios da vivenda, colaboran ademais tres mozos de Nicaragua, Costa Rica e Polonia que realizan o Servizo Voluntariado Europeo -acción pertencente ao programa europeo Xuventude en Acción- e outros 36 voluntarios da comarca.

Ler a reportaxe >>


Voluntarios europeos no Viso
No seguinte vídeo editado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (minutos 13:07 a 16:40) pódese ver a entrevista a dous voluntarios europeos que colaboraron no proxecto "A túa outra casa" do CDR O Viso, así como noutras iniciativas da asociación.

Vídeo Xuventude en Acción >>



[ASOCIACIÓN DEL CENTRO DE DESARROLLO RURAL O VISO]

Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado