
Guatemala, Ecuador, Bolivia e Tindouf son os catro destinos que a asociación Solidaridad Internacional ofrece no seu programa Vacacións Solidarias e nos que este ano se repartírán os 27 galegos que se apuntaron a esta iniciativa. Esta iniciativa supón un novo modo de viaxar que permite coñecer de primeira man os labores das ONG en países do Terceiro Mundo e achegarse aos máis desfavorecidos.
Os proxectos
Guatemala. Os/as voluntarios/as participarán apoiando as actividades dunha das 4 organizacións locais, realizando tarefas de sensibilización sobre a prevención do VIH, prevención de violencia, saúde reproductiva, autoestima, etc. con mulleres e infancia; ou coñecendo e apoiando proxectos de introducción de drenaxes sanitarios e auga potable.
Datas: do 3 ao 29 de xullo
Ecuador. Os/as voluntarios/as poderán participar nas actividades que se desenvolven en tres zoas do país, Serra, Costa e Selva, apoiando proxectos de ecoturismo, desenvolvendo actividades para o medio ambiente ou educativas.
Datas: do 3 ao 30 de xullo
Bolivia. Os/as voluntarios/as terán a oportunidade de integrarse a unha das 5 organizacións locais cas que se desenvolven actividades de apoio á muller realizando tarefas educativas, de promoción rural, de participación comunitaria ou de marketing para as súas microempresas.
Datas: do 1 ao 28 de agosto
Tindouf (campamentos de refuxiados saharauis). Dende 1989 Solidariedade Internacional traballa prestando axuda humanitaria á poboación saharaui. Os/as voluntarios/as terán a oportunidade de coñecer de primeira man a realidade da poboación refuxiada: visitarán diferentes wilayas, o muro defensivo construído por Marrocos, manterán encontros con colectivos saharauis...
Datas: do 10 ao 24 de outubro
Nova relacionada >>
[ASOCIACION GALLEGA PARA LA COOPERACION, SOLIDARIDAD INTERNACIONAL]