Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(03-04-2007)

Logotipo Programa Xuventude

Servizo Voluntario Europeo 2007-2013

O novo programa, sustituto de Xuventude, permite unha maior participación da xuventude na vida política europea. ¡¡Xa podes descargarte a Guía do Programa!!

O Parlamento Europeoaprobou o acordo alcanzado co Consello sobre o programa "A xuventude en acción". O novo programa, sustituto de Xuventude, nace cunha estrutura más flexible e desburocratizada, e co obxectivo de promover unha maior participación da mocidade en na vida política europea. O acordo aprobado pola Cámara inclúe, entre outros, a creación da Semana Europea da Xuventude.

O programa "A xuventude en acción 2007-2013" engloba cinco accións dirixidas á xuventude dos Estados membros e de terceiros países:

- Acción "A xuventude con Europa":
Ten como obxectivo reforzar o compromiso activo da xuventude, apoiando os intercambios, a mobilidade e as iniciativas e proxectos da mocidade.
- Acción "Servizo voluntario europeo":
Cuio obxectivo é potenciar a solidariedade da xuventude e promover o compromiso activo e o entendemento mutuo entre eles.
- Acción "A xuventude co mundo":
Contribúe ao entendemento mutuo e ao compromiso activo da xuventude nun espírito de apertura ao mundo.
- Acción "Animadores socioeducativos e sistemas de apoio":
Trata de mellorar a calidade das estruturas de apoio á xuventude, acción que permite respaldar o labor dos organismos activos a nivel europeo no ámbito da xuventude.
- Acción "Apoio á cooperación política":
Ten por obxecto favorecer a cooperación en materia de política da xuventude, apoiando o diálogo estruturado entre a xuventude e os responsables da política de xuventude, a cooperación coas organizacións internacionais e as medidas destinadas a promover un mellor coñecemento do ámbito da xuventude.

· Programa Servizo Voluntariado Europeo >>

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds