Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(02-04-2009)

Jaume Funes durante a súa intervención en Lugo

O psicólogo Jaume Funes diserta en Lugo sobre o difícil papel de nenos e adolescentes na sociedade actual

O psicólogo, educador e xornalista, Jaume Funes Artiaga ofreceu onte en Lugo a conferencia "Ser neno, ser adolescente e atopar un lugar no mundo adulto" dentro do ciclo conversascon: 2009. A conferencia foi organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e a Rede Lucense de Voluntariado. Previamente, os asistentes poideron gozar dunha exposición de fotos e dun contacontos.

Funes Artiaga centrou a súa intervención nos problemas aos que deben facer fronte os nenos de hoxe en día, e os que el calificou como “nenos Ikea”; e os adolescentes para os que pediu máis comprensión e tolerancia dos adultos. Así, o psicólogo considera que o papel dos nenos no mundo dos adultos está condicionado polas imposicións da sociedade actual que establece os tempos aos que as parellas deben ter descendencia. “A sociedade marca unhas pautas e as parellas deciden ter fillos por imposicións sociais, cada vez a unha idade máis avanzada, e porque hai que telos” sinalou ao tempo que reflexionou que agora “os nenos non sempre nacen dun acto de amor”. Funes calificou a este infantes como “nenos Ikea”.

Polo que respecta aos adolescentes, o conferenciante considerounos uns “incomprendidos desta sociedade” e pediu para eles máis permisividade, comprensión, tolerancia, xustificación e comprensión. “Aos adolescentes no mundo dos adultos non os escoitamos nin comprendemos e hai que empezar por aí”, sentenciou. Neste sentido, puxo como exemplo que se uns mozos cometen un acto vandálico a solución non é o castigo, senón averiguar o motivo polo que o cometeron.

Na actualidade, Jaume Funes Artiaga traballa como profesional libre, dedicado á docencia e á investigación, á orientación, á supervisión e á atención de adolescentes. Na Universidade Ramón Llul de Barcelona é profesor de Intervención Socioeducativa con adolescentes e nenos e de Intervención no ámbito da xustiza.


conversascon: 2009 >>

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds