Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(25-01-2018)

Aberta a Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade 2018

Un ano máis, convocamos as prazas do Programa de Coñecemento da Realidade.

Son 3 prazas, 2 dentro do programa de Dereito Humano á Auga e 1 dentro do programa de Desenvolvemento Rural e Soberanía Alimentaria.

O PCR inclúese dentro das actividades de Educación para o Desenvolvemento Humano que ESF Galicia leva a cabo, xa que se entende como un programa de formación específica das persoas voluntarias no coñecemento da realidade concreta dos países nos que a organización traballa (neste caso Honduras), co fin de fortalecer o pensamento crítico da persoa voluntaria e a súa capacidade e criterios de actuación.

As persoas interesadas deben enviar un breve CV cos datos máis relevantes para a praza, xunto cunha carta de motivación, ambos en PDF ao correo info@galicia.isf.es, especificando o nome da praza á que se presenta.

A data límite para a presentación de solicitudes é o 18 de febreiro de 2018, ás 23:59 horas. As solicitudes que sexan recibidas despois deste momento non entrarán no proceso de selección.

Aquí se poden descargar as bases para solicitar as prazas dentro da edición 2018
[ASOCIACION ENXEÑERIA SEN FRONTEIRAS GALICIA]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds