Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(02-04-2007)

Conversas con: Nina Pacari

Inicio do Ciclo de conferencias Conversas con:

Nina Pacari, representante polos pobos indíxenas de Sudamérica do Foro Permanente das Nacións Unidas, será a encargada de abrir esta iniciativa.

Conversas con: é un ciclo de conferencias que se desenvolverán ao longo de todo o ano e que teñen como obxectivo achegar a Galiza temas sociais de primeira índole como a globalización, a participación, o voluntariado, a solidariedade...etc.

Nina Pacari abrirá este Ciclo coa conferencia "Cara unha nova lectura do indixenismo: claves de interpretación dende o primeiro mundo.". O encontro celébrase ás 8 da tarde do xoves, 19 de abril, no Salón de Actos da Fundación Araguaney de Santiago de Compostela.

A vosa participación é clave. Animámosvos a asistir a esta primeira xornada e, dende logo, a todas as que organizamos neste ano 2007.

Conversas con: >>

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds