Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Hemeroteca

(16-04-2018)

A Xunta subvencionará este ano un cento de proxectos de voluntariado para sensibilizar e formar en accións solidarias

A Administración autonómica investirá máis de 140.000 euros para este fin.
Desde o 2016 participaron destas axudas 196 entidades e 8400 voluntarios con proxectos que beneficiaron en Galicia a máis de 230.000 persoas.

(09-04-2018)

A Xunta reforza o apoio ás entidades de persoas xordas para favorecer a inclusión e desenvolvemento deste colectivo

O Goberno galego incrementará este ano nun 5% a contía do convenio de colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG) ata situarse en case 760.000 euros.

As entidades SignaVoluntariado e Asociación Persoas Xordas de Ferrol levaron a cabo actividades culturais e de protección do medio ambiente, grazas á presenza da intérprete en lingua de signos e da participación do grupo de voluntariado xuvenil.

(02-04-2018)

V Xornadas de Voluntariado e Educación.

La Asociación de inmigrantes e retornados rioplatenses participará hoy en las V jornadas de voluntariado y Educación que se realizarán en Lugo.

[ASOCIACIÓN DE INMIGRANTES E RETORNADOS RIOPLATENSES]

(26-03-2018)

Actividades integración 1ª quenda abril 2018

Novas actividades para este mes!!

[ASOCIACIÓN XARUMA]

(23-03-2018)

DÍA MUNDIAL DE PARKINSON 2018

Achegamos a información relativa aos actos que vamos desenvolver con motivo do Día Mundial de Parkinson 2018.

[ASOCIACION PARKINSON GALICIA - CORUÑA]

(16-03-2018)

A Xunta fai entrega dos certificados de experiencias aos voluntarios que colaboraron en diferentes accións en Ourense e Monterrei

*En Monterrei e Cualedro realizouse un proxecto de actividades de prospección, sistematización e procesado de información relativa aos contidos culturais, artísticos e tradicionais.

*Na cidade das Burgas promoveuse a conservación dos enclaves naturais periurbanos e a restauración ecolóxica doutros espazos periféricos.

*Estas accións enmárcanse nas subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais do programa de Servizo de voluntariado xuvenil 2017

(15-03-2018)

A Xunta de Galicia e as entidades avanzan na posta en marcha do Observatorio Galego de Acción Voluntaria

*A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado reuniuse hoxe con representantes das asociacións para propoñer ás dúas persoas que ostentarán as vogalías que as representarán no Observatorio.

*Este novo órgano ten como obxectivo contribuír á participación de todas as entidades e das persoas voluntarias na planificación, xestión e seguimento da acción voluntaria así como a súa colaboración no impulso de actividades.

*Nel tamén estarán representadas as tres universidades galegas e o Instituto Galego de Estatística, ademais da propia Administración autonómica.


[ 1 ] [ 2 ] 3 [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] ... [ 241 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds