Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Hemeroteca

(16-05-2018)

II Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual

Xa estamos a traballar nunha nova edición da Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual, que organizamos xunto coa asociación ASPANANE, e queremos contar coa túa participación

[FADEMGA, PLENA INCLUSIÓN GALICIA (Federación Gallega de Asociaciones en favor de las personas con discapacidad intelectual o del desarrollo)]

(14-05-2018)

A Xunta de Galicia promove a formación en materia ambiental no ámbito do voluntariado

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre hoxe o prazo de inscrición nunha acción formativa sobre sensibilización e educación medioambiental que se desenvolverá do 28 de maio ao 1 de xuño.

A Administración autonómica capacitou a 1777 persoas desde que se iniciaron no ano 2016 os plans de formación en voluntariado.

(14-05-2018)

Abre o prazo de inscrición do curso presencial ´Voluntariado ambiental 2018´

O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 24 de maio ás 14:30h e a realización do curso será do 28 de maio ao 1 de xuño de 16:00 a 20:00h no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (R/ Ramón Piñeiro 17-19 - Santiago de Compostela).

(10-05-2018)

A Xunta fomenta o voluntariado social con certificados que acreditan as competencias adquiridas durante a experiencia

AFAL desenvolveu a iniciativa ‘No Alzhéimer, conta comigo’ para promover a capacitación do voluntariado, a participación destas persoas no labor de sensibilización social, así como a súa implicación nas actividades na rúa e na propia entidade.

(27-04-2018)

A Xunta certifica a aprendizaxe e o compromiso solidario de cinco mozos e mozas do programa de voluntariado de Aranga

O proxecto de dinamización xuvenil, apoiado pola Administración autonómica, incluíu accións para favorecer a convivencia coas persoas maiores e para fomentar a cultura e o coidado medioambiental

A titular do departamento autonómico sinalou a importancia do voluntariado para mellorar a empregabilidade xuvenil e destacou que o número de certificados expedidos creceu un 79% desde o 2011

(25-04-2018)

Calendario de actividades 1quenda maio 2018

Novo calendario de actividades de integración para a 1 quenda de maio de 2018.
Animádevos a participar!
Esperámosvos!

[ASOCIACIÓN XARUMA]

(25-04-2018)

Proxecto Naturalmente: Campaña Crowdfunding

O proxecto "Naturalmente" promove a integración e desenvolvemento de persoas con trastorno mental na sociedade aportando as habilidades necesarias para poder levar a cabo unha vida mais autónoma. Tamén se contempla a esfera medioambiental a través de actividades relacionadas co medio, como a xestión de hortas e a posta en marcha dun invernadoiro para o cal solicitamos financiación.

[ASOCIACIÓN XARUMA]

(24-04-2018)

A Xunta impulsa a actividade xuvenil voluntaria no concello de Cervo que beneficiou a máis de medio milleiro de persoas en 2017

Ao abeiro do proxecto denominado Cervo, a carón do voluntariado leváronse a cabo actividades de axuda á conciliación familiar, lúdicas, deportivas, culturais, relacionadas co medio ambiente e de fomento da lectura entre as persoas maiores.

(19-04-2018)

Voluntariado ambiental en Touron (Melón)

Dándolle continuidade as accións de voluntariado forestal que estamos levando a cabo en Tourón (Melón)

[ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE]


[ 1 ] 2 [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] ... [ 241 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds