Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Hemeroteca

(04-11-2019)

Voluntariado Sénior

Experiencias en materia de acción voluntaria contadas polas voluntarias e voluntarios da Fundación Amigos de Galicia con base na orde do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior

(03-11-2019)

Política Social oferta dous cursos de lingua de signos para persoas voluntarias

A Consellería de Política Social ofrece dous cursos de lingua de signos para persoas voluntarias e, desta maneira, promover a inclusión das persoas xordo-cegas e xordas. Estas formacións contarán cunha modalidade en liña e outra presencial, que terá lugar no centro coordinador de información e documentación xuvenil de Santiago de Compostela.

(31-10-2019)

Política Social impulsa o voluntariado sénior en Lalín a través do seu Desván municipal

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou o impulso do voluntariado sénior en Lalín a través do Desván municipal, no que 18 voluntarios recollen, seleccionan, clasifican e entregan roupa ás familias do municipio que a precisen. Fíxoo esta tarde durante a súa visita ás instalacións deste servizo que se atopa na antiga Casa dos Mestres do Centro de Educación de Infantil e Primaria Xesús Golmar.

(30-10-2019)

Política Social fomenta o voluntariado como ferramenta para mellorar a inclusión das persoas xordo-cegas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asinou un protocolo de colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

◾O obxectivo desta iniciativa é ampliar a colaboración coas sete entidades que traballan neste eido na nosa Comunidade, fomentando a participación das persoas voluntarias nos seus proxectos.
◾Así mesmo, poñeranse en marcha dous cursos de lingua de signos para favorecer unha mellor atención a este colectivo

(30-10-2019)

XIII Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

A Facultade de Psicoloxía de Santiago acollerá unha nova edición do "Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental", organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, coa colaboración do Grupo de Traballo de Trastornos Mentais e/ou alteracións de conduta.

[FADEMGA, PLENA INCLUSIÓN GALICIA (Federación Gallega de Asociaciones en favor de las personas con discapacidad intelectual o del desarrollo)]

(27-10-2019)

Aberto o prazo de solicitudes para participar no programa Xuntos polo Nadal, destinado a persoas maiores que estean soas nesas datas

A Xunta de Galicia abre ata o 15 de novembro o prazo de presentación de solicitudes para participar nunha nova edición do programa Xuntos polo Nadal, destinado ás persoas maiores de 60 ou máis anos que se atopan soas nestas datas, ben pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. A principal novidade deste ano é que se habilita como punto de destino o Complexo Residencia Xuvenil Lug II, en Lugo, que se suma así ás Residencias de Tempo Libre do Carballiño, en Ourense, e de Panxón, en Nigrán.

(24-10-2019)

A Xunta destina 17.700 euros a financiar programas de acción voluntaria de nove entidades luguesas

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se publicou a resolución de axudas destinadas a entidades privadas para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.

(23-10-2019)

Política Social acompaña a usuarios e voluntarios da Asociación de Alzhéimer de Ourense na última etapa do Camiño

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañou esta mañá a un grupo de 25 persoas da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Ourense (Afaor) na súa terceira e última etapa do Camiño de Santiago pola Vía da Prata.

(18-10-2019)

VENRES POLO PLANETA

Movemento xuvenil d@s voluntari@s para a limpeza do noso entorno do concello de Ponteareas. Imos mostrar ao mundo que temos moito que facer.

[CONCELLO DE PONTEAREAS / OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO]

(18-10-2019)

Actividade formativa en voluntariado social ‘Nos haces falta’

Actividade formativa en voluntariado social “Nos haces falta”” impulsada desde a Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil ( FAPMI- ECPAT España) co apoio do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social do Goberno de España na súa II Convocatoria Estatal en 2019.


1 [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] ... [ 254 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds