Faite voluntario
PENSA

Cal é a túa motivación, as túas razóns e intereses, para optar a ser voluntario. As túas ideas e a maneira en que entendes a vida, as relacións coa sociedade, poderalas aplicar no ben común. Todos os retos que tiñas no teu interior poderás compartilos coa xente que ten as túas mesmas inquietudes e cóbado a cóbado facer un mundo cada vez máis humano e solidario.
MIRA
Ao teu arredor ¿Hai necesidades no teu entorno? ¿Veste con vontade de afrontar este reto?
Onde vives sempre hai problemas e necesidades que demandan a túa solidariedade. Párate a observar, verás que nos periódicos, radio, televisión ou determinadas asociacións poderán poñerte en contacto con eses problemas necesidades que nos afectan a todos pero aos que non lle prestamso atención.
Unha pequena axuda nalgunas desas cousas solidarias, no que ti vexas que estás máis preparado ou que te motiva por alguna razón especial, pode connverterse nun logro máis grande sumada a doutras persoas coma ti...
VALORA

A túa dispoñibilidade, interese, motivacións, e pregúntate ¿Que podo facer polos demais?
O teu tempo seguramente é ouro, pero date conta que cunhas poucas horas á semana, se ese compromiso é contínuo, poderás alcanzar uns obxectivos que te sorprenderán.
Cada un temos unhas cualidades, non penses que non tes nada que ofrecer, todos podemos dar algo, coa simple compañía a unha persoa maior faraslle máis doado o día a día.
TOMA DE CONTACTO
No teu entorno, hai entidades de acción voluntaria, infórmate e concreta o teu compromiso con elas. Concreta agora, coñece as organizaciósn qu eestán preto de ti e participa. Infórmate sobre so obxectivos de cada asociación pu organización, participa, ti podes ser unha peza fundamental e co teu compromiso poderás coñecer cada día máis a fondo o que é a a cción solidaria e quizais persoalmente a sentirte unha persoa útil cara os demais.
PARTICIPA

Nos esquezas que a túa participación necesítase ata o final, pois conleva un compromiso contigo, pero tamén cos demais.
Que non sexa só unha moda, porque vés aos teus amigos. Imtenta sacar un pouco de tempo, seguro que co tempo vaiche compensar.
Voluntariado... QUE, QUEN, COMO, ONDE

Este é o título do díptico informativo editado no primeiro semestre de 2008 pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. No folleto descríbese dun xeito sinxelo e manexable qué significa ser persoa voluntaria, qué dereitos e deberes ten ou os pasos que hai que dar para rexistarse.
A difusión da publicación realizouse en todos os concellos, entidades de acción voluntaria e departamentos públicos ou administracións onde se considerou que podía ser un documento visible e útil. Así mesmo, pódese o díptico tamén se pode atopar no posto móbil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade que neste 2008 está recorrendo toda Galiza.
Díptico informativo Voluntariado... QUE, QUEN, COMO, ONDE
Inscríbete como voluntario
A través do seguinte formulario poderás darte de alta como voluntario/a e poderás colaborar cunha entidade de acción voluntaria.
Formulario de alta