Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Política de protección de datos > Faite voluntario

Segundo o disposto no artigo 6 do Regulamento Europeo de Protección de datos 2016/679, dou o meu consentimento á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para o tratamento dos meus datos persoais con base á miña inscrición e posterior participación como persoa voluntaria na bolsa de persoas voluntarias á que terán acceso as Entidades de Acción Voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.
En cumprimento do artigo 13 do Regulamento Europeo de Protección de Datos, fun informado/a de que os meus datos persoais serán incluidos no sistema de tratamento FAITE VOLUNTARIO coa finalidade de “formar parte da bolsa de persoas voluntarias que estará a disposición das Entidades de Acción Voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia”.

Estes datos conservaránse namentras este servizo estea en vigor ou durante os prazos legalmente establecidos.

Poderei exercitar os dereitos de OPOSICIÓN, ACCESO, RECTIFICACIÓN, LIMITACIÓN, SUPRESIÓN E PORTABILIDADE mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, acompañando fotocopia de DNI ou no seu defecto documento que acredite a miña debida identidade ou ben, con carácter previo, solicite que me sexan remitidos os impresos dos que o responsable do tratamento dispón.


Máis información sobre protección de datos: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds