Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Cecilia Vázquez Suárez
Teléfono: 981-544864
xuventude@xunta.gal

Á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, órgano directivo dependente da Consellería de, correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A xestión e a coordinación das actuacións en materia de xuventude, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e especificamente o apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil, así como o fomento da participación da xuventude na vida social. En relación cos centros, tanto propios como dependentes doutras entidades, sen prexuízo das competencias atribuídas á Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais en materia de persoal, xestión económica e orzamentaria, corresponderalle coordinar e supervisar o seu funcionamento e prestarlle a asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento da súa actividade. Así mesmo, corresponderalle o fomento das relacións e da cooperación con outras comunidades autónomas e intercambios co estranxeiro en materia de xuventude, fomento dos programas de turismo xove e promoción e organización das actuacións en materia de información e documentación para a xuventude.

b) A xestión e coordinación das actuacións en materia de voluntariado, así como a elaboración e o seguimento do Plan Galego de Fomento e Promoción da Acción Voluntaria e a xestión do sistema de rexistro autonómico das entidades de acción voluntaria.

Tamén será a súa función o desenvolvemento das actuacións de promoción, investigación, asistencia e formación en materia de voluntariado e todas aquelas segundo o disposto na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de Acción voluntaria de Galiza.

mailto:voluntariado@xunta.es

Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds