Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Política de protección de datos

De acordo co establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, dou o meu consentimento para que os meus datos sexan incluídos nun ficheiro automatizado do que é titular a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, e poidan ser utilizados co fin de posibilitar a prestación de servizos en materia de voluntariado. Declaro estar informado sobre os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, que poderei exercitar mediante un escrito dirixido á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro s/n, 3º andar, 15781 en Santiago de Compostela.

Así mesmo, consinto que os meus datos poidan ser tratados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para os mesmos fins.

En canto ao tratamento concreto destes datos por parte da web voluntariadogalego.org infórmase:

1. Da existencia dun ficheiro ao que se incorporarán os datos que vostede introduza neste formulario, e de que a finalidade da recollida de tales datos é a de poder tratalos e utilizalos a efectos estatísticos e informativos, así como para que Voluntariado Galego, se o desexa, lle poida enviar información sobre os servizos que poidan ser do seu interese.

2. Vostede poderá exercer o dereito de acceder ao fichero referido anteriormente, de rectificar ou cancelar os seus datos persoais se o tratamento dos mesmos non se axustase ao disposto na citada Lei ou, particularmente, se tales datos resultasen inexactos ou incompletos, así como o de oporse ao expresado tratamento nos casos e cos requisitos legalmente previstos.

3. Mediante o envío deste formulario vostede presta o seu consentimento inequívoco ao tratamento automatizado de todos os datos incluídos no mesmo, así como óseu emprego para os fins descritos.

4. Vostede poderá revocar o consentimento ao que se refire o apartado anterior de acordo co establecido na precitada Lei Orgánica 15/1999, mediante comunicación escrita dirixida ao Voluntariado Galego, enviándoa por correo postal ao seguinte enderezo:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Edificio Administrativo San Lázaro
15781 Santiago de Compostela


Dita revocación non terá efectos retroactivos.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds