Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

En imaxes

CÓNTANOS O TEU PROXECTO DE VOLUNTARIADO XUVENIL 2014CÓNTANOS O TEU PROXECTO DE VOLUNTARIADO XUVENIL 2014
Imaxes dos proxectos de "Voluntariado Xuvenil" das entidades de acción voluntaria e as entidades locais beneficiarias de subvencións ao abeiro da Orde do 26 de febreiro de 2014 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Ampliar
I xogos interautonómicos de atletismo Special Olympics Santiago de CompostelaI xogos interautonómicos de atletismo Special Olympics Santiago de Compostela
Do 15 ao 17 de xuño celebrouse en Santiago de Compostela os I Xogos Interautonómicos de Atletismo organizados por Special Olympics, entidade sen ánimo de lucro que naceu coa finalidade de promover a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias mediante o ocio e tempo libre, a cultura, o deporte e a promoción do voluntariado.

Ampliar
Primeiros voluntarios irlandeses que participan no program de intercambioPrimeiros voluntarios irlandeses que participan no program de intercambio
Estes voluntarios realizarán labores de información e colaboración no albergue de peregrinos de O Pino e manterán contacto con outras entidades de acción voluntaria de Galicia, onde poderán coñecer de primeira man as actividades desenvolvidas na nosa comunidade e aportar a súa experiencia neste eido.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado puxo en marcha este Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos ,co obxectivo principal de desenvolver un intercambio de aprendizaxe intercultural entre voluntarios/as sénior de España e Reino Unido. tratándose da primeira experiencia deste tipo en Galicia.

Ampliar
Formación voluntarios "Servicio Voluntariado Europeo"Formación voluntarios "Servicio Voluntariado Europeo"
Do 29 de febreiro ao 3 de marzo celebrouse en Santiado o "Curso de formación á chegada" para os 25 mozos e mozas que participarán nas actividades do Servizo de Voluntariado Europeo en España en diferentes comunidades autónomas.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu a estes voluntarios que proceden de 15 países: Alemaña, Gran Bretaña, Moldavia, Serbia, Turquía, Dinamarca, Letonia, Holanda, Polonia, Francia, Portugal, Finlandia, Italia, Bélxica e Liechtenstein.

Ampliar
Proxecto de Voluntariado Europeo “Ways of Solidarity"Proxecto de Voluntariado Europeo “Ways of Solidarity"
Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos “Ways of Solidarity (Caminos de Solidaridad)” que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, desenvolveu dentro dos Programas de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea.

Ampliar
XIV Congreso Estatal de VoluntariadoXIV Congreso Estatal de Voluntariado
Imaxes do XIV Congreso Estatal de Voluntariado celebrado en A Coruña os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.

Ampliar
Seminario internacional de voluntariado ‘Camiños da Solidariedade’Seminario internacional de voluntariado ‘Camiños da Solidariedade’
Representantes de nove países europeos reuníronse dende o 26 ata o 30 de novembro en Santiago no seminario internacional de voluntariado ‘Camiños da Solidariedade’, onde tiveron a oportunidade de expoñer as súas experiencias, logros e propostas no campo do voluntariado. O seminario tamén ten como obxectivo elaborar un manual de boas prácticas na organización e xestión de actividades voluntarias.

Ampliar
Voluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestaisVoluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais
Imaxes do programa "Voluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais", que se realiza de xullo a setembro de 2011 en Lóuzara e na Serra de San Mamede.
Este programa de voluntariado nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención,información e vixilancia contra os incendios forestais, que os motiven e capaciten para valorar e conservar os nosos bosques

Ampliar
Voluntariado de recuperación do patrimonio cultural galegoVoluntariado de recuperación do patrimonio cultural galego
Imaxes do programa "Voluntariado de recuperación do patrimonio cultural galego", que tivo lugar os meses de maio e xuño de 2011 no entorno do concello de Celanova, arredor do xacemento arqueolóxico de Castromao, que pasa por ser un dos principais referentes da cultura castrexa do Noroeste peninsular, tanto pola súa larga presenza no tempo, como pola riqueza documental que saíu á luz a partir das súas sucesivas escavacións e investigacións.


Ampliar
Voluntariado ambiental en espazos naturais 2011Voluntariado ambiental en espazos naturais 2011
Imaxes do programa "Voluntariado ambiental en espazos naturais", proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, entre os meses de abril e xuño de 2011, nas Serras de San Mamede e do Xurés.



Ampliar
EU CamiñoEU Camiño
Este programa permitiu a 30 mozos de 18 países europeos prestar a súa axuda en tarefas de atención ao peregrino e coidado do Camiño.

O proxecto tiña como finalidade proporcionar aos mozos europeos o coñecemento e relación con outras culturas a través do apoio prestado aos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago, aportando unha dimensión intercultural ao Xacobeo.

No proxecto colaboraron durante 7 meses, 29 voluntarios de 19 países da Unión Europea, (Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía), prestando apoio nas tarefas de acollida e información aos peregrinos e realizando actividades de difusión do Programa Juventud en Acción.

Durante os 5 meses de actividade voluntaria, de maio a setembro, os voluntarios realizaron unha recompilación de fotografías que aquí vos mostramos.

Ampliar
Voluntariado en Defensa do Monte GalegoVoluntariado en Defensa do Monte Galego
A campaña do Voluntariado en Defensa do Monte Galego (VDMG) comezou o sábado, 11 de xullo e continuará ata o domingo, 20 de setembro. Os voluntarios exercerán unha vixilancia disuasoria, unha función que sempre é complementaria á dos corpos profesionais. As seis áreas nas que se despregarán os grupos nestes tres meses foron delimitadas pola Consellería do Medio Rural por ser consideradas de alto índice de risco de incendio. As zonas de actuación son: Baixo Miño, O Carballiño, Mariña occidental-central, Mariña oriental-central, Terra de Lemos e Barbanza.

Ampliar
Congreso Galego de Acción Voluntaria 2009Congreso Galego de Acción Voluntaria 2009
Imaxes do Congreso Galego de Acción Voluntaria 2009 (4ª edición) que tivo lugar en Santiago de Compostela o 23 de abril de 2009.

Ampliar
A Comisión Europea selecciona o proxecto Youth Information in Motion como exemplo de boas prácticasA Comisión Europea selecciona o proxecto Youth Information in Motion como exemplo de boas prácticas
O proxecto Autobús Escola informativo sobre o Programa Xuventude en Acción e mais o proxecto sobre os stands informativos móbiles para a xuventude foron presentados como un único proxecto titulado Youth information in motion ante a Comisión Europea. A iniciativa foi seleccionada polo departamento europeo como exemplo de boas prácticas no ámbito da Creación e a Innovación. A finais de abril o proxecto vai ter difusión a nivel europeo desde a páxina web http://create2009.europa.eu/website.

Ampliar
II Premio GraffitiII Premio Graffiti
Xunto coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convocou en 2008 uns premios destinados fomentar o voluntariado e a solidariedade entre o alumnado de ensino non universitario a través da realización dun libroweb colaborativo e dun graffiti. Nesta última modalidade, o xurado recoñeceu o traballo “Solidariedade” dos alumnos de 4º de ESO do CPR Mercantil (Vigo, Pontevedra); “Xuntos podemos” dos rapaces, tamén do mesmo curso, do CPR Manuela Rial Mouzo (Cee, A Coruña); e “Enrólate”, dos rapaces de 4º de ESO e 1º de Bacharelado do IES Carlos Casares (Viana do Bolo, Ourense). Os premios fóronlle entregados durante a gala dos Premios á Solidariedade en Galicia 2008.

Ampliar
Día Internacional do Voluntariado 2008Día Internacional do Voluntariado 2008
Con motivo do Día Internacional do Voluntariado, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade entregou os Premios á Solidariedade en Galicia o pasado 4 de decembro de 2008. O acto, denominado Premios solidarios. Accións que deixan sen palabras, tivo lugar en Santiago de Compostela e ao mesmo tamén asistiron os alumnos gañadores do II Premio Graffiti. Ao día seguinte, xornada na que se conmemoraba a efeméride, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, mantivo un Encontro coas entidades de voluntariado, tamén na capital de Galiza.

Ampliar
Curso do Servizo Voluntario Europeo en AllarizCurso do Servizo Voluntario Europeo en Allariz
Na semana do 19 ao 25 de outubro de 2008, 24 mozos e mozas europeos realizaron o Curso de formación á chegada do Servizo Voluntario Europeo (SVE) en Allariz (Ourense). Aparte dos que estaban en Galiza, tamén acudiron rapaces/as de La Rioja, Navarra, Canarias, Euskadi e Cantabria.

Ampliar
Consello Galego do Voluntariado 2008Consello Galego do Voluntariado 2008
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convocou o 24 de xullo de 2008, en sesión ordinaria, a reunión do Consello Galego de Voluntariado (CGV) en Santiago de Compostela. O encontro estivo presidido polo director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela Díaz.

Ampliar
Gala de entrega Premios Eganet 2008Gala de entrega Premios Eganet 2008
voluntariadogalego.org, o portal institucional da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade dedicado ao ámbito do voluntariado, recibiu o 22 de maio o premio Eganet 2008 na categoría Sociedade Web durante a gala celebrada no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela.

Ampliar
Congreso Galego de Voluntariado 2008Congreso Galego de Voluntariado 2008
Imaxes do III Congreso Galego de Voluntariado que tivo lugar en Santiago de Compostela o 10 de abril de 2008.

Ampliar
conversascon: Jaume Funes Artiagaconversascon: Jaume Funes Artiaga
O psicólogo, educador e xornalista, Jaume Funes Artiaga ofreceu o 1 de abril en Lugo a conferencia Ser neno, ser adolescente e atopar un lugar no mundo adulto dentro do ciclo conversascon: 2009. A conferencia foi organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e a Rede Lucense de Voluntariado.

Ampliar
conversacon: Víctor Naguil: O pobo mapucheconversacon: Víctor Naguil: O pobo mapuche
Baixo o título de “Historia social e política do país Mapuche: unha visión panorámica” continuou a programación do ciclo conversascon: 2009 no mes de marzo. Víctor Domingo Naguil Gómez, membro da Comisión Política e Responsable das Relacións internacionais de Wallmapuwem, foi o ponente invitado para falar en Lugo e en Santiago da situación social deste pobo indíxena da zona centro-sur de Chile e do sudoeste de Arxentina.

Ampliar
conversascon: As guerras de Israelconversascon: As guerras de Israel
Ghaleb Jaber Ibrahim e Mohamed Safa impartiron o martes, 3 de febreiro en Santiago a conferencia que leva por nome As guerras de Israel. O relatorio forma parte da programación do ciclo conversascon: para 2009.

Ampliar
conversascon: Elsa Sánchez de Oesterheldconversascon: Elsa Sánchez de Oesterheld
Elsa Sánchez de Oesterheld, avoa da Plaza de Mayo, contou a súa historia "de esperanza" no marco de conversascon: 2008 en Ferrol e en Santiago de Compostela o 24 e o 26 de novembro.

Ampliar
conversascon: Jordi Pujolconversascon: Jordi Pujol
Imaxes da conferencia Os retos da globalización que o ex presidente da Generalitat de Cataluña, Jordi Pujol, impartiu ovenres 7 de novembro en Santiago no marco do ciclo conversascon: 2008 que organiza a Dirección Xeral da Xuventude e Solidariedade. O ponente estivo acompañado polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e polo director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela.

Ampliar
conversascon: Foro Internacional de Soberanía Alimentaria; Marcha Mundial das Mulleresconversascon: Foro Internacional de Soberanía Alimentaria; Marcha Mundial das Mulleres
O ciclo conversascon:, retomou a súa programación para o segundo semestre do 2008 co Foro Internacional de Soberanía Alimentaria encádrase no VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. Representantes de sete países expuxeron o 18 de outubro no Auditorio Caixanova de Vigo en qué consiste a soberanía alimentaria, así como as súas implicacións, ademais de expor proxectos e realidades en torno a este dereito.

Ampliar
conversascon: Mustafa Barghouticonversascon: Mustafa Barghouti
O ciclo conversascon: 2008, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, trouxo o 26 e 27 de maio de 2008 a Santiago de Compostela e a Ourense, respectivamente, a Mustafa Barghouti, unha das figuras máis significativas da sociedade civil palestina. O título da súa conferencia foi Palestina, un estado ou un apartheid.

Ampliar
conversascon: Alcer Coruñaconversascon: Alcer Coruña
O 4 de xuño, como peche da programación conversascon: no semestre do ano 2008 e coincidindo coa conmemoración do Día Mundial pola Donación e o Trasplante de Órganos, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade colaborou coa asociación Alcer-Coruña (Asociación de loita contra as enfermidades do ril) na organización do cine-forum Doar órganos = salvar vidas.

Ampliar
conversascon: I Maio Solidarioconversascon: I Maio Solidario
A Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, en colaboración coa Asociación Universidade Popular Escola de Verao de Corcubión, organizaron conxuntamente no marco do ciclo conversascon: a primeira edición do Maio Solidario. Do 2 ao 30 deste mes tiveron lugar neste concello da Costa da Morte diversas actividades que incluíron actuacións musicais a conferencias, documentais, unha exposición; e unha semana dedicada ao comercio xusto que rematou cunha festa multicultural solidaria.

Ampliar
Día Internacional do Comercio Xusto 2008Día Internacional do Comercio Xusto 2008
O 10 de maio de 2008, do Día Internacional do Comercio Xusto, A Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra, Vigo e Lugo celebraron diversas actividades para achegar á cidadanía o comercio xusto, nunha aposta nacida da colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade -no marco do ciclo conversascon:- e a Coordinadora Galega de ONGD.

Ampliar
conversascon: Ramón Chaoconversascon: Ramón Chao
Imaxes da conferencia "A censura onte e hoxe" impartida polo escritor e xornalista lugués afincado en Francia, Ramón Chao, no marco do ciclo conversascon:. A mesma tivo lugar o 16 de maio en Monforte de Lemos (Lugo).

Ampliar
conversascon: Otelo Saraiva de Carvalhoconversascon: Otelo Saraiva de Carvalho
Imaxes da conferencia "Os logros sociais na Revolución dos Cravos en Portugal narrados por un dos seus protagonistas" impartida polo ex militar portugués Otelo Saraiva de Carballo o 22 e 23 de abril de 2008 en Vigo e Santiago, respectivamente, no marco do ciclo conversascon:.

Ampliar
conversascon: Kellie Germondconversascon: Kellie Germond
Imaxes da conferencia "A situación socio-política de Venezuela e de Bolivia" impartida pola socióloga norteamericana Kellie Germond o 17 de abril de 2008 en Pontevedra no marco do ciclo conversascon:.

Ampliar
conversascon: Enrique Martínez Regueraconversascon: Enrique Martínez Reguera
Imaxes da conferencia "40 anos de percorrido con mozos/as en desvantaxe social" impartida por Enrique Martínez Reguera no marco do ciclo conversascon: o 24 de marzo de 2008 en Lugo.

Ampliar
conversascon: O Sáhara, trinta anos despoisconversascon: O Sáhara, trinta anos despois
Imaxes da xornada "O Sáhara, trinta anos despois", enmarcada no ciclo conversascon:, que tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 27 e o 29 de febreiro de 2008.

Ampliar
conversascon: Voluntariado Lingüísticoconversascon: Voluntariado Lingüístico
Imaxes das charlas sobre "Voluntariado lingüístico", celebradas o 30 e 31 de xaneiro de 2008 nas Facultades de Filoloxía das universidades de Santiago e da Coruña, respectivamente.

Ampliar
Voluntariado Europeo en AllarizVoluntariado Europeo en Allariz
Dezaseis voluntarios europeos participaron en Allariz (Ourense), na semana do 28 de febreiro ao 1 de febreiro de 2008, nun curso de formación inicial para prepararse de cara ao traballo voluntario que van desenvolver na zona norte de España. A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade organizou esta estancia xa que Galiza é unha das comunidades que máis voluntarios vai recibir dentro do programa Servizo Voluntario Europeo para 2008.

Ampliar
Encontros provinciais 2008Encontros provinciais 2008
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convocou encontros nas catro provincias galegas para informar aos concellos e ás entidades de acción voluntaria da nova orde de subvencións para 2008; presentar todo o traballo feito polo departamento durante o ano pasado; avaliar do funcionamento do portal voluntariadogalego.org nos seus primeiros oito meses activo. Tamén se aproveitou esta xuntanza para facer novas propostas para o III Congreso Galego de Voluntariado.

Ampliar
Xornada divulgativa do programa RodelaXornada divulgativa do programa Rodela
Imaxes da xornada divulgativa do programa Rodela que organizou a Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade en colaboración co SGI para a difusión deste proxecto de voluntariado a vítimas de violencia de xénero. Tivo lugar o 22 de decembro en Santiago.

Ampliar
conversascon: Encontro de Comercio Xusto (Santiago de Compostela)conversascon: Encontro de Comercio Xusto (Santiago de Compostela)
Imaxes do Encontro de Comercio Xusto que tivo lugar a semana do 17 ao 22 de decembro de 2007 na praza do Toural de Santiago de Compostela.

Ampliar
conversascon: Joaquín José Martínezconversascon: Joaquín José Martínez
Imaxes da sexta conferencia organizada dentro do ciclo conversascon o 14 de decembro en Ourense. O ponente invitado foi Joaquín José Martínez, o preso español que saiu do corredor da morte dunha cárcer de EEUU en 2001.

Ampliar
X Congreso Estatal de Voluntariado (Xixón)X Congreso Estatal de Voluntariado (Xixón)
Imaxes do X Congreso Estatal de Voluntariado que tivo lugar en Xixón (Asturias) entre o 4 e o 5 de decembro de 2007.

Ampliar
Entrega de premios do Día Internacional do VoluntariadoEntrega de premios do Día Internacional do Voluntariado
Acto de entrega de premios presidido por Rubén Cela, o día 5 de novembro.

Ampliar
Gala Mar de MansGala Mar de Mans
Imaxes da gala solidaria "Mar de mans", emitida o día 5 de decembro de 2007 na TVG.

Ampliar
conversascon:  Adolfo Pérez Esquivelconversascon: Adolfo Pérez Esquivel
Imaxes da conferencia "Os desafíos de compartir o pan e a liberdade" impartida por Adolfo Pérez Esquivel o 14 de novembro na Escola de Maxisterio de Lugo.

Ampliar
conversascon:  Anxo Quintana e Pérez Esquivelconversascon: Anxo Quintana e Pérez Esquivel
Imaxes da conferencia "O voluntariado da dignidade", celebrada o 13 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Ampliar
conversascon:  James Petrasconversascon: James Petras
Imaxes da conferencia "A política dos Estados Unidos no Medio Oriente: Irak, Irán, Israel/Palestina", celebrada os días 24 e 25 de outubro en Santiago de Compostela e en Vigo, respectivamente.

Ampliar
conversascon:  Ken Loachconversascon: Ken Loach
Imaxes da conferencia "Cinema e compromiso social", celebrada o 20 de xuño no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Ampliar
conversascon: Carlos Alberto Torres Novoaconversascon: Carlos Alberto Torres Novoa
Imaxes da conferencia "Educación, globalización e xustiza", celebrada o 10 de maio no Aula Socio Cultural Caixa Galicia na Coruña.

Ampliar
conversascon: Nina Pacariconversascon: Nina Pacari
Imaxes da conferencia "Cara unha nova lectura do indixenismo: claves de interpretación dende oprimeirio mundo", celebrada o 19 de abril no Salón de Actos da Fundación Araguaney en Santiago de Compostela.

Ampliar
XuntanzasXuntanzas
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, a través da súa Subdirección Xeral de Solidariedade e Participación, realizou varias xuntanzas, nas catro provincias, no mes de abril de 2007.

Ampliar
Congreso Galego de Voluntariado 2007Congreso Galego de Voluntariado 2007
O 15 de maio tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago o Congreso Galego de Voluntariado no que se debatiu a nova Lei de acción voluntaria de Galicia.

Ampliar
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds