
Durante o acto organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade tamén se entregaron os II Premios Graffitis ao CPR Mercantil de Vigo, ao CPR Manuela Rial Mouzo de Cee e ao IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Na foto, entrega o diploma do Manuela Rial a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño; e recólleno o mestre, Gurutz Larrañaga e os alumnos Eduardo González e Andrea Trinidad Leo.