Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Día Internacional do Voluntariado 2008

Premios á solidariedade en Galicia_4

Volver
Seguinte
Anterior
Premios á solidariedade en Galicia_4 (Nova ventá)

No ámbito do desenvolvemento sustentable e/ou comunitario, o xurado decidiu recoñecer a título póstumo o labor de José Ignacio Salgado Blanco (Xixón, 1961- Perú, 2008), coopoerante galego falecido no país andino e vinculado á ONG Agro acción alemana. Nacho Salgado faleceu o pasado 21 de setembro nun accidente mentras se desprazaba en moto a visitar un proxecto na amazonía peruana. A principios dos 90 abandonou o seu posto de funcionario da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, do que se atopaba en situación de excedencia voluntaria, para dedicarse á cooperación internacional. O galardón quixo ser un recoñecemento ao labor de Salgado Blanco xa que se trata da última morte dun cooperante galego acaecida en acto de servicio, despois das rexistradas tamén en Perú en 1999 nas que faleceron Enrique Aller López, avogado de Lalín, e Mercedes Arteche Prieto, bióloga coruñesa. Recolleu o premio o irmán do homenaxeado, Manuel Salgado Blanco, de mans da directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo Sotelo.
Volver
Seguinte
Anterior
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds