
Os outros oito gañadores foron, na categoría Premio e-Emprendedores,
Thermosentinel S.L; Premio Software Libre,
Sixtema (Soluciones y Proyectos Información S.L.) polo seu Catálogo GIS; Premio Cultura Dixital,
Pixel Grafics S.L. pola campaña SQR; Premio Comunicación Web Empresarial,
Pedro Figueras Comunicación polo portal
A Nosa Terra Diario; Premio Aplicación on-line,
Netex Knowledge Factory pola campaña Kubbe; Premio E-Commerce,
Visual Publinet S.L. pola campaña
www.lamanzanadelcuento.com; Premio Publicidade on-line,
La Nuestra Comunicación Publicitaria; Premio Tecnoloxía Accesible e Segura, Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia pola campaña
E-Signovisual realizada en colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Lugo. O Premio Especial Eganet entregouse a
Retegal SA (Redes de Telecomunicación Galegas). Así mesmo, a organización recoñeceu o labor de sete empresas asociadas a Eganet que levan no mercado traballando 10 anos e ao presidente da entidade no anterior mandato.