(13-04-2010) Curso "Cooperación ao desenvolvemento dende a Universidade: Experiencia da UDC" A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña abre o prazo de preinscrición para o curso "Cooperación ao desenvolvemento dende a Universidade: Experiencia da UDC" que se celebrará os días 6 e 7 de maio de 2010 en horario de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 no Campus de Elviña.
(16-03-2010) Novo proxecto de voluntariado no Hospital Materno Infantil A Oficina de Cooperación e Voluntariado abre o prazo de inscrición para o novo proxecto de voluntariado no ala de lactactes do Hospital Materno Infantil de A Coruña.
(09-03-2010) Ábrese o prazo para a inscrición no curso de recursos didácticos no voluntariado hospitalario A Oficina de Cooperación e Voluntariado realizará un seminario sobre "recursos didácticos no voluntariado hospitalario", orientado ao programa de voluntariado con adultos e menores hospitalizados que se coordina dende a OCV. O seminario terá lugar o día 18 de marzo 16.00 a 20:30h.
(25-02-2010) Abrése o prazo de inscrición do Xanela Aberta ao Sur Ata o 25 de marzo poderán inscribirse todas aquelas persoas que desexan formarse en cooperación e visitar un proxecto en Brasil, Ecuador ou Marrocos.
(25-01-2010) Exposición de entidades de acción voluntaria na Coruña Hoxe, día 25 de xaneiro, inauguración ás 19:30 h. da exposición de Entidades de acción voluntaria no Pazo de M.ª Pita (sala de exposicións): "Esta moda é para sempre".
(25-11-2009) Espertar en Mozambique A realidade social de Mozambique con especial consideración á situación das mulleres mozambiqueñas e á incidencia do VIH no tecido social local protagonizan este documental que Axuda en Acción proxecta en colaboura con CASCO -Comité Antisida de A Coruña-, o vindeiro 30 de novembro en A Coruña, o día 1 de decembro en Ferrol e o día 2 de decembro en Narón.
(07-10-2009) Roupeiro Municipal O Concello de Porto do Son pon en marcha o servizo de Roupeiro Municipal, co que colabora a Entidade de Acción Voluntaria e outras asociacións do municipio.
(22-07-2009) O camiño de Gerardo: ver e oír coas mans O vindeiro 19 de agosto, Gerardo, unha persoa xordocega de Vigo, iniciará o Camiño de Santiago dende Roncesvalles en triciclo-tándem adaptado, co apoio de dúas persoas voluntarias (unha xorda e unha oínte) do Servizo de Voluntariado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG.
(14-07-2009) Unha casa na que envellecer en Lodoselo O diario El País publicou o pasado sábado, 11 de xullo a reportaxe "Una casa en la que envejecer" na que dá conta dunha das iniciativas do Centro de Desarrollo Rural (CDR) O Viso denominada "A túa outra casa" a través da cal se habilitou unha vivenda comunitaria para que 12 veciños da bisbarra da Limia non teñan que abandonar o rural.
(06-07-2009) Voluntarios da OMV e da Asociación Fontaíña desenvolven a Operación Cabicha 2009 Voluntarios da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo e da Asociación Fontaíña acomenten unha campaña prol da limpeza de cabichas en dous areais de grande valor natural de Vigo. A primeira limpeza tivo lugar o sábado, 4 de xullo e as seguintes levaranse a cabo o venres, 17 de xullo e o martes, 4 de agosto.