Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Rexistro :: Solicitude de certificado de experiencias voluntarias

A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014

Como solicitar un certificado de experiencia voluntaria ao Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Este apartado inclue o acceso ao impreso de pago para cubrir e a un documento cos códigos e conceptos para cumplimentalo.

Entidades colaboradoras

PETICIÓN DA CERTIFICACIÓN DE EXPERIENCIAS VOLUNTARIAS

De acordo co artigo 17 da Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia,por petición das persoas voluntarias interesadas, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado expedirá certificados de experiencias voluntarias que reflectirán as accións voluntarias desenvolvidas por estas con carácter global, en todas as entidades de acción voluntaria en que colaborasen e en todos os programas de voluntariado desenvolvidos pola Administración autonómica en que participaran.

Esta certificación está suxeita ao pago de taxas (Expedición 3,02€; Expedición de duplicados 3,93€).

Exemplo de instancia a presentar en botón "DESCARGAR" (Dado que os navegadores, últimamente, non deixan abrir o documento directamente na pantalla debes darlle á opción "Gardar como" para poder velo e cumprimentalo)



Descargar (Nova ventá)

ACCESO AO IMPRESO DE PAGO DE SOLICITUDE DE CERTIFICADOS E DUPLICADOS DE CERTIFICADOS

Neste apartado atoparás o acceso ao IMPRESO DE PAGO da Consellería de Facenda que debes cumplimentar e a un documento PDF (en DESCARGAR) onde se facilitan os códigos e os conceptos a cubrir en cada un dos apartados do impreso de pago.


O modo de cubrir o impreso de pago de taxas trocou, polo que os pasos a seguir dende a ligazón, no caso de querer cubrilo, son os seguintes:
PASO 1: INICIAR TAXA
PASO 2: ACCESO LIBRE Ó SERVIZO
PASO 3: INICIAR TAXA

Se únicamente queres imprimir o impreso de pago de taxas, debes dar os seguintes pasos:
PASO 1: INICIAR TAXA
PASO 2: ACCESO LIBRE Ó SERVIZO
paso 3: DESCARGAR MODELO

https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+telem%C3%A1tico+de+taxas+e+prezos/11609748/4126995/11610401/1.7/item-pink
Descargar (Nova ventá)



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds