Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Rexistro :: Depósito de experiencias das persoas voluntarias

A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014

Normas e requisitos do depósito das experiencias voluntarias no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Inclue anexos II e III para cumplimentar.

No caso de que a experiencia voluntaria fose realizada nun programa da Administración autonómica, o depósito farase de oficio sen necesidade de presentación por parte
do interesado de solicitude ningunha. Así mesmo, unha copia desta certificación remitirase ao Rexistro de Acción Voluntaria, a non ser que o interesado manifeste expresamente a súa negativa ao depósito dos seus datos no Rexistro

Entidades colaboradoras

POR QUE É IMPORTANTE DEPOSITAR AS EXPERIENCIAS VOLUNTARIAS NO REXISTRO DE ACCIÓN VOLUNTARIA?

Ao longo de toda a nosa vida imos adquirindo unha serie de destrezas, coñecementos e habilidades fundamentais para o noso desenvolvemento e crecemento persoal a través dunha infinidade de experiencias fora da educación formal, experiencias entre as cales podemos engadir as experiencias de acción voluntaria.

A través das experiencias voluntarias son moitas as persoas que desenvolven ou consolidan infinidade de habilidades, destrezas, coñecementos, actitudes ou competencias de grande valor non só para a mesma entidade de acción voluntaria na que colaboran ou para a sociedade en xeral, senón tamén para o mundo laboral, e cada vez son máis as empresas que valoran estas experiencias.

Coa Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, levouse a cabo a reforma legal do voluntariado en Galicia, e entre os obxectivos da mesma destaca posibilitar a obtención, por parte das persoas voluntarias, dunha certificación da súa participación en actividades de acción voluntaria, así como o seu depósito destas no Rexistro de Acción Voluntaria co fin de poder acreditar oficialmente un historial de experiencias de voluntariado. Somos, ata o de agora, a primeira Comunidade Autónoma de España que certifica oficialmente as experiencias voluntarias das persoas voluntarias que colaboran connosco.

As recomendacións do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro de 2006 (2006/962/CE), definen, así mesmo, o marco de referencia europeo sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente e delas votamos man para delimitar as competencias adquiridas polas persoas voluntarias.

Co fin de lexislar a certificación oficial das experiencias das persoas voluntarias publicouse a Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia

Descargar (Nova ventá)

PASOS A SEGUIR POLAS ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA PARA A INSCRICIÓN DAS EXPERIENCIAS VOLUNTARIAS. DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

Neste apartado imos explicar que pasos deben seguir as entidades de acción voluntaria para inscribir as experiencias voluntarias dos seus voluntarios no Rexistro de Acción Voluntaria: Sección II experiencias das persoas voluntarias.

PASO 1 SOLICITUDE DO DEPÓSITO DA EXPERIENCIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA POR PARTE DA PERSOA VOLUNTARIA INTERESADA Á ENTIDADE
Toda persoa voluntaria que queira que as súas experiencias de acción voluntaria sexan asentadas no Rexistro de Acción Voluntaria- Sección II experiencias das persoas voluntarias debe solicitarlle á entidade na que colabore, previa autorización da cesión dos seus datos persoais, o envío das certificacións que acrediten as accións voluntarias desenvolvidas por estas, conforme ao anexo III da Orde do 14 de marzo de 2014, pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Ademais disto tanto a entidade de acción voluntaria como a persoa voluntaria solicitante debe presentar unha declaración responsable de ter subscrito o correspondente compromiso de colaboración no que estean reflectidos os dereitos, deberes e compromisos adquiridos por ambas as partes, nos termos do artigo 13 da lei 10/2011, do 28 de novembro, de Acción Voluntaria.

Para tal fin e co ánimo de facilitarvos este paso colgouse no apartado de abaixo denominado "DESCARGAR", documento que tamén se colgou seguido dos anexos, un único modelo a cubrir por voluntario e entidade (este modelo inclúe solicitude por parte do voluntario do depósito das súas experiencias voluntarias, cesión de datos persoais e declaración responsable de ter subscrito o compromiso de colaboración por ambas as dúas partes).

PASO 2 CUBRIR OS CORRESPONDENTES ANEXOS II E III POR PARTE DAS ENTIDADES
A Entidade de Acción Voluntaria correspondente debe cubrir, para o depósito da experiencia voluntaria correspondente:
ANEXO II (datos da entidade solicitante). Este anexo debe cubrirse unha unha única vez por cada envío que se faga ao Rexistro de Acción Voluntaria, independentemente de se nese envío se inclúen varios anexos III dunha ou de varias persoas voluntarias.
ANEXO III (datos da persoa voluntaria). No caso deste anexo debe cubrirse un por cada experiencia voluntaria, de cada un dos voluntarios, realizada en cada programa ou proxecto que a entidade está a desenvolver, esto é, se o voluntario na nosa entidade realizou varias accións voluntarias en diversos programas ou proxectos temos que cubrir un anexo III por cada unha delas.

NOTA IMPORTANTE: Os documentos que se deben enviar ao Rexistro son o modelo de documento do paso nº1 e os anexos II e III aos que se fai referencia no paso 2.



PREME A LIGAZÓN PARA CUBRIR OS ANEXOS II E III


PREME EN "DESCARGAR" PARA CUMPRIMENTAR O MODELO DE DOCUMENTO que debe acompañar, OBRIGATORIAMENTE a entrega dos anexos II e III. (Dado que os navegadores, últimamente, non deixan abrir o documento directamente na pantalla debes darlle á opción "Gardar como" para poder velo e cumprimentalo)

Ligazón ao procedemento BS505B Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Sección de experiencias das persoas voluntarias na SEDE ELECTRÓNICA.

Descargar (Nova ventá)

NOTAS ACLARATORIAS PARA FACILITAR A CUMPRIMENTACIÓN DO ANEXO III

Preme en "DESCARGAR"

Descargar (Nova ventá)



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds