Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Rexistro :: Inscrición de entidades de acción voluntaria

A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014

Normas de requisitos de inscrición das entidades no Rexistro de Acción Voluntaria.

Inclue anexo I para cumplimentar, acceso ao impreso de pago para cubrir e a un documento cos códigos e conceptos para cumplimentalo.

Entidades colaboradoras

REQUISITOS PARA A INSCRICIÓN NO REXISTRO DE ACCIÓN VOLUNTARIA

A solicitude de inscrición no Rexistro presentarase ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, segundo o modelo normalizado que figura como anexo I da Orde do 14 de marzo pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, asinado polo/a representante legal da entidade, xunto coa seguinte documentación:

◦a) Copia do acordo de creación da entidade e dos seus estatutos se se trata da primeira inscrición, ou a referencia ao rexistro da Administración autonómica no que foron presentados, coa expresión do número de inscrición e data.

◦b) Número de inscrición noutros rexistros nos que por razón da súa natureza estea inscrita a entidade de acción voluntaria.

◦c) Declaración responsable, conforme ao anexo I, da subscrición da póliza de seguro a que se refire o artigo 15 da Lei 10/2011, do 28 de novembro de acción voluntaria.

◦d) Declaración responsable do/a representante legal da entidade, conforme ao anexo I, na que se acredite o cumprimento das demais obrigas das entidades coas persoas voluntarias.

◦e) Programa de actividades da entidade en materia de voluntariado.

◦f) Fotocopia compulsada do DNI do representante legal da entidade en caso de que este non autorice a verificación dos seus datos de identidade no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

◦g) Xustificante de pagamento da correspondente taxa.

A documentación complementaria poderase presentar electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

As solicitudes de inscrición, modificación e baixa, conforme ao anexo I, deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario.

Este anexo tamén poderá usarse para solicitar as cancelacións e modificacións rexistrais. A inscrición da entidade no Rexistro e a modificación da primeira inscrición (únicamente a modificación do nome da entidade,o CIF da mesma ou o nome do representante legal)rexistral están suxeitas ao pagamento da correspondente taxa (Primeira inscrición 9,65€; Modificacións da 1ª inscrición 4,87€).

PREME NA LIGAZÓN PARA ACCEDER AO ANEXO I


Descargar (Nova ventá)

ACCESO A IMPRESO DE PAGO DE INSCRICIÓN E MODIFICACIÓN DA 1ª INSCRICIÓN

Neste apartado atoparás o acceso ao IMPRESO DE PAGO da Consellería de Facenda que debes cumplimentar e a un documento PDF (en DESCARGAR) onde se facilitan os códigos e os conceptos a cubrir en cada un dos apartados do impreso de pago.

https://host.cixtec.es/EntradaOficinaVirtual/CIXTEC.dll/appdirect?app=UPLOADXEITO_XEITO&tipo=D&op=X0006¶m=M_WFT10
Descargar (Nova ventá)



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds