Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Rexistro

O Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia ao que se refire o artigo 32 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de Acción Voluntaria, regúlase pola Orde do 14 de marzo de 2014.

Este Rexistro configúrase como un órgano único e público que asumirá as funcións de cualificación e inscrición das entidades de acción voluntaria, o depósito das experiencias das persoas voluntarias e a certificación das accións voluntarias desenvolvidas por estas.

O Rexistro estará adscrito á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que é o órgano que ten as competencias en materia de acción voluntaria.

O Rexistro funcionará de xeito coordinado co Rexistro de Entidades de Voluntariado de Protección Civil e Emerxencias previsto no artigo 48 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de
emerxencias de Galicia.

O Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia estrutúrae en dúas seccións:

SECCIÓN I: Entidades de acción voluntaria.
SECCIÓN II: Experiencias das persoas voluntarias.

A inscrición neste Rexistro, así como o depósito de experiencias das persoas voluntarias é voluntaria e declarativa. Non obstante, no caso de entidades de acción voluntaria, a inscrición será condición indispensable para acceder ás axudas e subvencións, así como para subscribir convenios coas administracións públicas de Galicia en materia de voluntariado.

Finalmente cabe resaltar que a sección de entidades de acción voluntaria organizarase en tres categorías xerais de entidades de voluntariado:

1.- Entidades dependentes da Administración autonómica.
2.- Entidades locais.
3.- Entidades privadas sen ánimo de lucro.
Inscrición de entidades de acción voluntaria
A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014

Normas de requisitos de inscrición das entidades no Rexistro de Acción Voluntaria.

Inclue anexo I para cumplimentar, acceso ao impreso de pago para cubrir e a un documento cos códigos e conceptos para cumplimentalo.

Entidades colaboradoras
Ampliar
Depósito de experiencias das persoas voluntarias
A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014

Normas e requisitos do depósito das experiencias voluntarias no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Inclue anexos II e III para cumplimentar.

No caso de que a experiencia voluntaria fose realizada nun programa da Administración autonómica, o depósito farase de oficio sen necesidade de presentación por parte
do interesado de solicitude ningunha. Así mesmo, unha copia desta certificación remitirase ao Rexistro de Acción Voluntaria, a non ser que o interesado manifeste expresamente a súa negativa ao depósito dos seus datos no Rexistro

Entidades colaboradoras
Ampliar
Solicitude de certificado de experiencias voluntarias
A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014

Como solicitar un certificado de experiencia voluntaria ao Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Este apartado inclue o acceso ao impreso de pago para cubrir e a un documento cos códigos e conceptos para cumplimentalo.

Entidades colaboradoras
Ampliar
Modelos de documentos
Procedemento a seguir polas entidades de voluntariado para dar de alta as persoas voluntarias nos seus programas ao abeiro da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria de Galicia. Inclúe modelos tipo de documentos.

Entidades colaboradoras
Ampliar
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds