Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Axenda

29 de novembro de 2019

XIII Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental

A Facultade de Psicoloxía de Santiago acollerá unha nova edición do "Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental", organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, coa colaboración do Grupo de Traballo de Trastornos Mentais e/ou alteracións de conduta.

Declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.

Trátase dun Seminario, declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, que centrará a atención novamente nas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con grandes necesidades de apoio que presentan alteracións da saúde mental asociadas.

O prazo para realizar a vosa inscrición estará aberto ata o vindeiro 18 de novembro (cota bonificada). O prazo para a cota sen bonificar será do 19 ao 22 de novembro.

Pode descargar a inscrición e programa da xornada na páxina web de FADEMGA Plena inclusión Galicia
.

[FADEMGA, PLENA INCLUSIÓN GALICIA (Federación Gallega de Asociaciones en favor de las personas con discapacidad intelectual o del desarrollo)]

Descarga asociada


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds