Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Axenda

VINTECATRO DE XUÑO DE DOUSMIL DEZANOVE

ocioteca2019

OCIOTECA DE VERAN:

A Ocioteca é unha proposta de ocio formativo dirixida os alumnos/as do CEE Santa María e os seus irmáns, que permita ademais que no tempo de vacacións escolares de verán as familias poidan conciliar a súa vida laboral sabendo que os seus fillos están recibindo unha atención adecuada.

Obxectivos xerais:
Coa realización da Ocioteca de verán para nenos e nenas con discapacidade: Nós tamén xogamos, pretendemos:
- Proporcionar a rapaces e rapazas con discapacidades, así como as súas familias, alternativas de lecer lúdico na tempada de verán, garantindo a participación activa e segura nas actividades.

Obxectivos específicos:
Pretendemos ademais que os participantes na ocioteca sexan capaces de:
• Mellorar a súa autonomía persoal.
• Participar dun espazo de xogo e desenvolvemento persoal compartido.

LUGAR, DATAS E HORARIOS:
A ocioteca realizarase nas instalacións do CEE Santa María en Lugo, e desenvolverase durante cinco semáns.
As actividades realizaranse de lúns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 h. Un día á semán ampliarase o horario da ocioteca ata as 18:00 h. para realizar excursións, visitas, etc fóra da cidade de Lugo e que incluirán o xantar de medio día.
O día 24 de xuño de 2019 iniciarase a ocioteca ás 9.00 h., a cal rematará o día 26 de xullo de 2019 as 14.00 h.
Comenzarase realmente a actividade o día 22 de xuño de 2019 que COORDINADOR da ocioteca, quen ese mesmo día reunirá a monitores e voluntarios nunha xornada informativa e formativa sobre o funcionamento e organización da ocioteca así como das características dos usuari@s.
O día 29 de xullo de 2019 rematará o traballo do COORDINADOR, cunha reunión cos monitores, voluntarios e familias, na que se evaluará o traballo realizado durante as cinco semáns de ocioteca.

[ANPA DO COLEXIO EDUCACIÓN ESPECIAL SANTA MARÍA (LUGO)]


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds