Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Axenda

9 DE XUÑO

Cartel

V CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE

Un ano máis, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A. C.E.M.) está a organizar a CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLA EM que este ano cursará a súa quinta edición. Nesta ocasión terá lugar e domingo 9 de xuño en Santiago de Compostela.
Trátase dunha actividade familiar que polos éxitos obtidos nas 4 edicións anteriores, está a converterse nun evento de referencia na cidade. Destacamos que na cuarta edición da carreira case chegamos ao milleiro de inscricións e este ano o obxectivo é incrementar a participación en todas as categorías e modalidades:

 CARREIRA segundo idade: pitufos, escolares (A, B, C), absoluta ( sub 23, senior, veteranos 1 e 2)
 ANDAINA: para todas as idades, así como para a participación de persoas con mobilidade reducida.
 DORSAL 0
A finalidade da V CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLA EM é dobre:
- Informar e sensibilizar á sociedade sobre a EM, enfermidade dexenerativa crónica, segunda causa de discapacidade en adultos novos
- Captar fondos que permitan á asociación continuar coa prestación de servizos de rehabilitación integral, algúns deles non cubertos na actualidade pola administración sanitaria, sendo estes de vital importancia tanto a nivel preventivo como paliativo para as persoas afectadas.

A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cota, que poderá realizarse nas formas seguintes:
• Na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, sita na rúa Queixume dos Pinos s/n (Salgueiriños) en Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

• A través da web http://polaesclerose.galitiming.com
O prazo de inscrición comeza o 17 de abril e rematará:
- o mércores 5 de xuño ás 14h para as inscricións presenciais en A.C.E.M.
- o xoves 6 de xuño ás 16h para as inscricións online
(polaesclerose.galitiming.com)

[ASOCIACIÓN COMPOSTELÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ACEM]

Descarga asociada


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds