Continuamos este ano cos Campos de Voluntariado para a eliminación de EEI no río Tea.
Será a fin de semana do
22, 23 e 24 de marzo. Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminanado as manchas de
Acacia dealbata e
A. melanoxylon que rebrotaran dende os anos anteriores. Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os prosibles rebrotes de bambú, tintureira, tritonia ou garrapatón.
O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (Albergue Alentea), manutención, contará cun seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada. É preciso anotarse. Prazas limitadas
Anímate a participar!!
Ficha de inscrición e máis info na
web de ADEGA
Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038
ramses@adega.gal[ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA, ADEGA]
Descarga asociada