Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Axenda

Xullo, Agosto, Setembro e Outubro 2018

Voluntariado Ambiental no Macizo Central Ourensán

No ano 2014 ADEGA e SOREX botan a andar un programa de voluntariado ambiental para o estudo e seguimento de leirón cincento (Glis glis) e dos quirópteros no P.N. do Invernadeiro e no ZEC Biduerial de Montederramo.
A finalidade do proxecto é realizar un estudo e seguimento das especies citadas onde un dos obxectivos que se plantexa dende o comezo é a participación activa do voluntariado no mesmo.
Dende o 2014 instaláronse nos dous Espazos Naturais Protexidos do Macizo Central Ourensán 72 caixas aniñadeiras de leirón cincento (Glis glis), 42 no P.N. do Invernadoiro e 24 no ZEC do Biduerial de Montederramo. Nos meses de verán dende ese ano relizanse tarfas de seguimento visitando todas as caixas para coñecer o rado de ocupación das mesmas, número e exemplares, etc. Así mesmo, estase a desenvolver un estudo dos quirópteros presentes na zona,que por unha banda axuda ao coñecemento destas especies e por outra contribue a divulgar a importancia deste descoñecido grupo de vertebrados.
As tarefas do voluntariado ambiental que acompañan ao persoal científico son as de axuda nas tarefas de estudo e seguimento. Arranxo das caixas, transporte do material de estudo, axuda na toma de mostras, medidas, fotos, etc. O voluntariado contará con seguro e manutención.
Na campaña de 2018 o proxecto conta cunha axuda da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e dende ADEGA realizaranse as xestións para acceder aos espazos restrinxidos co persoal da Delegación Provincial da DXPN de Ourense. Neste ano, e previo as actuacións de estudo e seguimento, realizarase un curso de formación previo ao traballo de campo que será aconsellable e dará prioridade as persoas que queiran participar no proxecto.

As datas de cada unha das sesións son as seguintes:
Curso Formación: Compostela 31 Xullo
Saída campo: ZEC Bidueiral de Montederramo 27-28 Agosto
Saída campo: P.N. do Invernadoiro 28-29 Agosto
Saída campo: P.N. do Invernadoiro 03-04 Setembro
Saída campo: P.N. do Invernadoiro 02-03 Outubro


As datas poderán mudar en función da climatoloxía.
Inscricións:
Aquelas persoas interesadas en participar deberán escribir un mail ao seguinte enderezo indicando:
Nome e apelidos.
DNI.
e indicando as saídas nas que ten interese en participar (pódense poñer máis de unha por si xa está completa a elexida) así como o lugar de orixe (para organizar as viaxes) e se ten algún requerimento alimenticio ou alerxia.
ramses@adega.gal 616 23 80 50
Máis información

[ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA, ADEGA]


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds