Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Axenda

1-13 Agosto de 2018

31º Campamento Urbano

Durante os días 1 ó 13 de agosto esta asociación vai realizar a actividade chamada “Campamento Urbano”. Neste curso chégase a súa 31ª edición. Son vintenove agostos ininterrompidos de “Campamento Urbano” polos que pasaron máis de 11.600 rapaces e rapazas ourensáns. Destacar que a Asociación Xuvenil Amencer é unha E.S.A.L. (Entidade Sen Ánimo de Lucro).



Dita actividade é unha proposta alternativa de tempo libre na nosa cidade durante o período de vacación. Está destinada a rapaces/zas de 8 a 16 anos, sobre todo aqueles que non poden participar de campamentos de aire libre sexa por motivos económicos, familiares ou de fracaso escolar. Os seus fins son a educación no tempo libre e o coñecemento da nosa cidade e a xente que traballa nela para convertela nun lugar de encontro, festa e ledicia.



Baseándonos na experiencia doutros anos, calculamos que este ano participarán nesta actividadearredor de 1.000 rapaces/zas da cidade. É unha actividade aberta e gratuíta que se mantén grazas a distintas subvencións e axudas de organismos públicos e privados e de particulares, así como ao bo facer dos máis de 100 voluntarios que traballan día a día neste proxecto.

[ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER]


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds