Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Axenda

8 E 9 DE XUÑO DE 2018

II Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual

Xa estamos a traballar nunha nova edición da Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual, que organizamos xunto coa asociación ASPANANE, e queremos contar coa túa participación!

A xornada celebrarase os días 8 e 9 de xuño. O día 8 de xuño será no Salón de actos do Hospital da Costa de Burela (Rafael Vior, s/n 27880 Burela (Lugo) e o 9 de xuño será no Conxunto histótico artístico de Sargadelos. Carretera río Cobo. San Ciprián Cervo).

Esta xornada, declarada de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade, ten como obxectivos:

•Dar a coñecer a profesionais de diferentes campos as particularidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que presentan alteracións da saúde mental.

•Dar a coñecer a profesionais de diferentes campos os recursos e ferramentas dispoñibles para apoiar as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

•Promover un foro de reflexión e debate sobre a atención das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Anímate a participar! O prazo para anotarvos rematará o vindeiro 1 de xuño, e a inscrición podedes descargala na páxina web de Fademga e deberedes remitila a areasocial@fademga.org

DESTINATARIOS:
- Profesionais do ámbito sanitario
e dos servizos sociais
- Estudantes de diferentes disciplinas
(traballo social, psicoloxía,
terapia ocupacional,
enfermería, medicina, etc.)
- Persoas interesadas en xeral.

[FADEMGA, PLENA INCLUSIÓN GALICIA (Federación Gallega de Asociaciones en favor de las personas con discapacidad intelectual o del desarrollo)]

Descarga asociada


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds