25 de febreiro de 2018
ADEGA ven de recibir unha axuda da
Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego.
Os Sobreirais do Río Arnego constitúen un espazo natural que está incluído dentro da proposta da Rede Natura 2000. Este espazo conta cunha superficie de 1.537 ha e localízase nos termos municipais de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra.
Un dos elementos presentes no sobreiral son os valados que dividen as fincas. Polo abandono do medio rural e das prácticas agrogandeiras, estes valados están en moitos casos caendo. Os valados tradicionais cumpren ademais un destacado papel biolóxico xa que favorecen o asentamento de diferentes especies, tanto de flora como de fauna, que atopan refuxio e alimento entre as pedras que conforma a estrutura do valado.
Trátase dunha actividade de voluntariado na que as persoas participantes contarán coa ferramenta axeitada e terá cubertos os gastos de manutención.
Horario da actividade: 10:30-16:00h
Área de Lecer de Carmoega.
Máis información e inscricións:
Ramsés Pérez:
981 57 00 99 / 616 238 050
ramses@adega.gal[ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA, ADEGA]