Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Axenda

19-05-07

CHAMÁBASE BLAS, INDA QUE TAMÉN ATENDÍA Ó NOME DE

ENVENENAMENTO MASIVO NO REFUXIO DA PICARAÑA EN PONTEAREAS

CONCENTRACIÓN
VENRES 25 DE MAIO NA PRAZA DO CONCELLO DE PONTEAREAS AS 20.00 HORAS
CONVOCA
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMÁIS SEN FRONTERIRAS

Nosa asociación,con ámbito galego, quere denunciar uns feitos que van máis alá da crueldade e a cobardía, uns feitos que nos deixan o espírito estragado.
Queremos denunciar o envenenamento masivo de cans no seu refuxio da Picaraña en Ponteareas.
Fai algún tempo, comezaron a faltar animáis pouco a pouco, pero non sospeitábamos semellante tortura. Estes días, apareceron cinco cans mortos por envenenamento, e desapareceron máis de vinte, sospeitamos polas mesmas circunstancias, e que foron a morrer entre as árbores.

Non sabemos quen pode estar facendo éste exterminio, inda co supoñemos, e queremos dicirlles, que o responsable é o Concello, porque mentras éste non ceda un terreno para facer o novo refuxio, quedaremos aquí, loitando con todas as nosas forzas para que asi sexa, e que xa poden seguir coas súas artimañas rastreiras o resto das súas míseras vidas, que alí SEMPRE chegarán cans novos, porque por desgracia, o ser humano non só os asasina, senon que tamén os abandona, e sería moi difícil dicir cal dos actos é o máis cruel.
E que quede claro, que se estamos aquí, é porque a xente abandoa ós animáis, e porque o Concello non atende as súas obrigas coa protectora, xa que ten que cumprir coas leis dos animáis e non o está facendo.

Trátase de cans con nomes: Frida, Blas....,cans que estában á espera de ser adoptados, animáis de gran corazón e honor, dos que muitos foron morrer cerquiña das súas casiñas, cos séus compañeiros de viaxe ó ceo.

Así pois, queremos que todo o mundo sepa de éste acto tan vil e cobarde, hacia uns animáis indefensos, que o único que fixeron, é dar moito cariño e lealtade a todos os que os coidábamos dende o día no que os botaron á estrada. Agora están mortos, e xa non poderán volver, pero por eles, e por todos os que quedan, seguiremos loitando hata o final, lle pese a quen lle pese. SEMPRE.

ACUDE Á CONCENTRACIÓN EN REPULSA DESTES FEITOS.

[FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES PROTECTORAS DE ANIMALES Y PLANTAS, FEGAPRO]

Descarga asociada


Volver
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado