(12-04-2018) Vacacións con Traballo na África lusófona O Fondo Galego vén de abrir unha nova convocatoria do programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das deputacións e concellos socios.
(02-04-2018) V Xornadas de Voluntariado e Educación. La Asociación de inmigrantes e retornados rioplatenses participará hoy en las V jornadas de voluntariado y Educación que se realizarán en Lugo.
(28-03-2018) A ASCM BUSCA CENTENARIAS E CENTENARIOS GALEGOS A Asociacion Sociocultural ASCM ten en marcha o proxecto Cen X Cen, unha iniciativa en colaboracion coa Consellería de Política Social coa que pretende rendir unha homenaxe as centenarias e centenarios galegos, deixando constancia das suas vivencias nun libro que incluira imaxes do artista galego Manuel Patinha.
(23-03-2018) DÍA MUNDIAL DE PARKINSON 2018 Achegamos a información relativa aos actos que vamos desenvolver con motivo do Día Mundial de Parkinson 2018.
(22-03-2018) CURSO ´INTRODUCIÓN Á METODOLOXÍA DE APRENDIZAXE SERVIZO´ O Centro UNED de Ourense organizará os días 13 - 14 - 20 - 21 - 27 de abril de 2018 o Curso de Extensión Universitaria: INTRODUCIÓN Á METODOLOXÍA APRENDIZAXE-SERVICIO (SERVICE-LEARNING COURSE).
O curso é de 25h lectivas (20 horas presenciais e 5 horas de traballo personal).
Destinatarios/as:
Persoas vinculadas á educación e á intervención social. (profesionais, voluntarios/as)
Alumnado de ramas sociais.
Profesionais do tempo de lecer.
Persoas interesadas en aplicar metodoloxías innovadoras para mellorar a participación social e comunitaria.
Obxectivos:
Coñecer a metodoloxía ApS e as suas aplicacións.
Coñecer de forma introductoria o desenvolvemento da metodoloxía.
(05-03-2018) Curso de Voluntariado de Atención Domiciliaria A Asociación Española Contra Cáncer, dende a súa Xunta Provincial de Pontevedra, organiza este Curso de Voluntariado de Atención Domiciliaria, para dar resposta á crecente demanda da comarca de O Salnés.
As principais funcións deste tipo de voluntariado, non son mais que o acompañamento en domicilios de enfermos de cáncer e os seus familiares, así como a realización de actividades de ocio.
(08-02-2018) CURSO DE FORMACIÓN BÁSICA EN VOLUNTARIADO Curso para la formación básica de voluntariado, de la oficina de cooperación y voluntariado de la Universidad de la Coruña.
(07-02-2018) IX XORNADAS DE PERSOAS SEN FOGAR O obxectivo desta xornada será darlle maior visibilidade ás mulleres sen fogar e poñer en valor o esforzo que día a día fan para mellorar a súa situación.
(05-02-2018) Voluntariado xuvenil en prisión Sumérxete nunha experiencia de participación transformadora dinamizando a túa proposta sociocultural, formativa ou físico-deportiva na prisión de Monterroso.
Son 3 prazas, 2 dentro do programa de Dereito Humano á Auga e 1 dentro do programa de Desenvolvemento Rural e Soberanía Alimentaria.
O PCR inclúese dentro das actividades de Educación para o Desenvolvemento Humano que ESF Galicia leva a cabo, xa que se entende como un programa de formación específica das persoas voluntarias no coñecemento da realidade concreta dos países nos que a organización traballa (neste caso Honduras), co fin de fortalecer o pensamento crítico da persoa voluntaria e a súa capacidade e criterios de actuación.
-CORUÑA: mércores 31 de XANEIRO - 12h00
(Praza de María Pita 17, 15001-A Coruña. Tel 981223927)
(20-12-2017) Xornadas 'Galicia en Seca' A ONG para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) lanza o xoves día 21 de decembro ás 9:30 da mañá as Xornadas Galicia en Seca que se celebrarán no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da UDC na Coruña. As xornadas pretenden poñer en claro as problemáticas que teñen que ver coa seca determinado cales veñen causadas por unha mala xestión e cales por causas externas sempre dende un punto de vista técnico.
(18-12-2017) Mercadiño de Nadal de Sarela Mercadiño de Nadal en Área Central da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sareala
(05-12-2017) Celebración Día Internacional Voluntariado LUGO A Rede Lucense de Voluntariado, en adiante ReLuVol, organiza o martes, 5 de decembro en Lugo unha xornada de sensibilización co fin de visibilizar e reivindicar o papel do voluntariado na sociedade. Este ano ademáis,a ReLuVol, celebra o seu X aniversario dende a súa creación no ano 2007.
(28-11-2017) Comezan as accións de voluntariado para a rexeneración en zonas queimadas na zona de Melón Amigos da Terra en colaboración coa Asociacíón Vergasta levaron a cabo a primeira acción de rexeneración de zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón). Varias persoas da zona convocadas por Vergasta e acompañados por unha vintena de voluntarias e voluntarios que acudiron ao chamamento de Amigos da Terra, xuntáronse nunha das zonas máis afectadas polos lumes do pasado mes para realizar as primeiras actuacións de recuperación, orientadas á retención do solo fronte a erosión que poida sufrir debido as chuvias dos vindeiros meses.
(20-11-2017) O BAÚL DE TEIS Os últimos meses o noso grupo de chicos e chicas estiveron realizando un pequeno documental, xunto coa colaboración do voluntariado, que recolle diversas experiencias que se dan no barrio de Teis. Por fin, a primeira etapa deste proxecto culmina coa proxección do documental "O baúl de Teis".
(17-11-2017) Nova web! Grazas á colaboración da Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, acabamos de estrear nova web axferrolterra.org
(13-11-2017) V GRAN RECOGIDA DE ALIMENTOS 2017 EL BANCO DE ALIMENTOS RIAS ALTAS BALRIAL ORGANIZA LOS DIAS 1 Y 2 DE DICIEMBRE LA V GRAN RECOGIDA DE ALIMENTOS 2017
Un ano máis, chega a FADEMGA o XI Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, que nesta ocasión terá lugar o venres, 24 de novembro, na Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1) de Santiago de Compostela.
(23-10-2017) Curso Básico de formación en voluntariado O curso celebrarase no campus universitario de Esteiro (Ferrol), e está especialmente enfocado para aquelas persoas que se van a incorporar como voluntarias, e inclúe 8 módulos de formación que tratan temas como os dereitos e deberes, o traballo en grupo, o voluntariado en cooperación ao desenvolvemento, a asertividade na relacións de axuda, etc.
(29-09-2017) Xornadas de formación para activistas e consumidores Desde AMARANTE recuperamos os espazos de formación para dar ferramentas e espazos de debate a todas aquelas activistas e persoas que buscan unha informacion crítica.
(26-09-2017) Promocionando o Servizo Voluntariado Europeo (SVE/EVS) Por segundo ano Amigos da Terra realiza un proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE). Este programa fomenta a mobilidade dos mozos e mozas europeas para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en proxectos de moi diferente índole (deportivos, ambientais, sociais, culturais, etc)
(06-02-2017) COMIDAS SOLIDARIAS VOLUNTARIOS PARA SERVICIO COMEDOR SOCIAL
(23-02-2016) Programa de adopcións especiais de Galicia O programa de adopcións especiais de Galicia ten como finalidade a promoción da adopción de nenos, nenas e adolescentes que teñen dificultade para ver satisfeito o seu dereito para vivir en familia.