(12-02-2019) Voluntariado ambiental en Touron (Melón) Volveremos a Tourón (Melón) o vindeiro domingo 24 de febreiro de 10:30 a 14:30 horas (aproximadamente) a preparar e marcar a zona que nos cede a Comunidade de Montes onde imos repoboar frondosas.
E Tamen continuaremos a plantar carballos!
(12-02-2019) ITU MULTISPORT 2019-PONTEVEDRA CINCO MUNDIAIS DE TRIATLÓN DURANTE DEZ DÍAS NA CIDADE DE PONTEVEDRA. 4000 PARTICIPANTES CHEGADOS DE TODO O MUNDO. NECESITAMOS 400 VOLUNTARIOS EN TAREFAS DE VOLUNTARIADO DEPORTIVO: SECRETARÍA E ACREDITACIÓNS, APOIO A DIRECCIÓN DE CARREIRA, ANTIDOPPING, COMUNICACIÓN E PRENSA, PROTOCOLO, AVITUALLAMIENTOS, ETC.
(11-02-2019) CinemaChoc.2 Segunda sesión de cine e chocolate en Xaruma! Repetimos experiencia. Esta vez cunha película, ¿Y si te dijeran que puedes?,protagonizada por un grupo de valentes.
(16-01-2019) Curso de formación básica en Voluntariado (A Coruña) O Curso Básico de Formación en Voluntariado, está especialmente dirixido ao voluntariado de nova incorporación aos proxectos da OCV. A oferta amplíases ao voluntariado acreditado e en activo doutras entidades de acción voluntaria, estudantado da universidade e persoas interesadas en coñecer os aspectos esenciais do voluntariado.
(15-01-2019) VOLUNTARIADO CON PERSONAS CON TEA Buscamos personas voluntarias para Atención Directa en sesiones de intervención grupal con menores con TEA (Trastorno del Espectro Autista
(22-09-2018) Programa RE+FUERZA Buscamos en Lugo maestros/as , estudiantes de magisterio o educadores sociales para desarrollar este proyecto que consite en acompañar y apoyar para un buen desarrollo del año escolar.
12 mese para un proxecto de voluntariado do programa Erasmus+ en Turin.
O prazo límite para recibir inscripcións é o 2 de Xullo de 2018
(27-06-2018) Proxecto DARNOS O Proxecto Darnos intenta transmitir e fomentar un estilo de acompañamiento e coidado que preserve a autoestima da persoa atendida, cun sentido profundo da súa dignidade.
Obxectivos:
-Fomentar a paixón polo coidado na sociedade, impulsando o coidado e acompañamiento dos nosos maiores.
(04-06-2018) Buscamos voluntarios en Ourense FEAFES Galicia precisa un voluntario que poida acompañar a unha persoa con problemas de saúde mental dende a residencia Troncoso ata a asociación Morea para acudir ás terapias e talleres.
(25-04-2018) Proxecto Naturalmente: Campaña Crowdfunding O proxecto "Naturalmente" promove a integración e desenvolvemento de persoas con trastorno mental na sociedade aportando as habilidades necesarias para poder levar a cabo unha vida mais autónoma. Tamén se contempla a esfera medioambiental a través de actividades relacionadas co medio, como a xestión de hortas e a posta en marcha dun invernadoiro para o cal solicitamos financiación.
(12-04-2018) Vacacións con Traballo na África lusófona O Fondo Galego vén de abrir unha nova convocatoria do programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das deputacións e concellos socios.
(02-04-2018) V Xornadas de Voluntariado e Educación. La Asociación de inmigrantes e retornados rioplatenses participará hoy en las V jornadas de voluntariado y Educación que se realizarán en Lugo.
(28-03-2018) A ASCM BUSCA CENTENARIAS E CENTENARIOS GALEGOS A Asociacion Sociocultural ASCM ten en marcha o proxecto Cen X Cen, unha iniciativa en colaboracion coa Consellería de Política Social coa que pretende rendir unha homenaxe as centenarias e centenarios galegos, deixando constancia das suas vivencias nun libro que incluira imaxes do artista galego Manuel Patinha.
(22-03-2018) CURSO ´INTRODUCIÓN Á METODOLOXÍA DE APRENDIZAXE SERVIZO´ O Centro UNED de Ourense organizará os días 13 - 14 - 20 - 21 - 27 de abril de 2018 o Curso de Extensión Universitaria: INTRODUCIÓN Á METODOLOXÍA APRENDIZAXE-SERVICIO (SERVICE-LEARNING COURSE).
O curso é de 25h lectivas (20 horas presenciais e 5 horas de traballo personal).
Destinatarios/as:
Persoas vinculadas á educación e á intervención social. (profesionais, voluntarios/as)
Alumnado de ramas sociais.
Profesionais do tempo de lecer.
Persoas interesadas en aplicar metodoloxías innovadoras para mellorar a participación social e comunitaria.
Obxectivos:
Coñecer a metodoloxía ApS e as suas aplicacións.
Coñecer de forma introductoria o desenvolvemento da metodoloxía.
(08-02-2018) CURSO DE FORMACIÓN BÁSICA EN VOLUNTARIADO Curso para la formación básica de voluntariado, de la oficina de cooperación y voluntariado de la Universidad de la Coruña.
(07-02-2018) IX XORNADAS DE PERSOAS SEN FOGAR O obxectivo desta xornada será darlle maior visibilidade ás mulleres sen fogar e poñer en valor o esforzo que día a día fan para mellorar a súa situación.
(05-02-2018) Voluntariado xuvenil en prisión Sumérxete nunha experiencia de participación transformadora dinamizando a túa proposta sociocultural, formativa ou físico-deportiva na prisión de Monterroso.
(18-12-2017) Mercadiño de Nadal de Sarela Mercadiño de Nadal en Área Central da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sareala
(05-12-2017) Celebración Día Internacional Voluntariado LUGO A Rede Lucense de Voluntariado, en adiante ReLuVol, organiza o martes, 5 de decembro en Lugo unha xornada de sensibilización co fin de visibilizar e reivindicar o papel do voluntariado na sociedade. Este ano ademáis,a ReLuVol, celebra o seu X aniversario dende a súa creación no ano 2007.
(20-11-2017) O BAÚL DE TEIS Os últimos meses o noso grupo de chicos e chicas estiveron realizando un pequeno documental, xunto coa colaboración do voluntariado, que recolle diversas experiencias que se dan no barrio de Teis. Por fin, a primeira etapa deste proxecto culmina coa proxección do documental "O baúl de Teis".
(17-11-2017) Nova web! Grazas á colaboración da Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, acabamos de estrear nova web axferrolterra.org
(13-11-2017) V GRAN RECOGIDA DE ALIMENTOS 2017 EL BANCO DE ALIMENTOS RIAS ALTAS BALRIAL ORGANIZA LOS DIAS 1 Y 2 DE DICIEMBRE LA V GRAN RECOGIDA DE ALIMENTOS 2017
(23-10-2017) Curso Básico de formación en voluntariado O curso celebrarase no campus universitario de Esteiro (Ferrol), e está especialmente enfocado para aquelas persoas que se van a incorporar como voluntarias, e inclúe 8 módulos de formación que tratan temas como os dereitos e deberes, o traballo en grupo, o voluntariado en cooperación ao desenvolvemento, a asertividade na relacións de axuda, etc.
(29-09-2017) Xornadas de formación para activistas e consumidores Desde AMARANTE recuperamos os espazos de formación para dar ferramentas e espazos de debate a todas aquelas activistas e persoas que buscan unha informacion crítica.
(26-09-2017) Promocionando o Servizo Voluntariado Europeo (SVE/EVS) Por segundo ano Amigos da Terra realiza un proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE). Este programa fomenta a mobilidade dos mozos e mozas europeas para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en proxectos de moi diferente índole (deportivos, ambientais, sociais, culturais, etc)
(06-02-2017) COMIDAS SOLIDARIAS VOLUNTARIOS PARA SERVICIO COMEDOR SOCIAL
(23-02-2016) Programa de adopcións especiais de Galicia O programa de adopcións especiais de Galicia ten como finalidade a promoción da adopción de nenos, nenas e adolescentes que teñen dificultade para ver satisfeito o seu dereito para vivir en familia.