Boletín informativo 12 de Novembro de 2019 Nº: 412
HOXE ABRE A INSCRICIÓN DO CURSO EN LIÑA: A ACCIÓN VOLUNTARIA E AS POSIBLES AREAS DE INTERVENCIÓN DAS PERSOAS VOLUNTARIAS: XUVENTUDE 2019
Xa está aberta na plataforma de teleformación de www.voluntariadogalego.org a inscrición a un novo curso do Plan de Formación de Voluntariado 2019:

** Curso en liña: A ACCIÓN VOLUNTARIA E AS POSIBLES AREAS DE INTERVENCIÓN DAS PERSOAS VOLUNTARIAS: XUVENTUDE 2019

A matricula estará aberta dende o 12 ao 19 de novembro.
Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
MÓDULO 1: Marco de referencia. Aproximación xeral.
1.1 As accións de voluntariado: que son, onde se poden levar a cabo, como e para que?; Marco legal e manexo da normativa vixente.
1.2 A persoa voluntaria: definición de perfiles, motivacións e intereses das persoas voluntarias. Dereitos e deberes das persoas voluntarias. Definición de roles. Funcións e responsabilidades. Valores e actitudes.
1.3 As entidades de acción voluntaria: que son, como se relacionan as entidades e as persoas voluntarias, identificación de necesidades obxecto de intervención dentro dun proxecto de acción voluntaria, quenes poden ser as persoas destinatarias da acción voluntaria e perfiles.

MODULO2: A intervención: desde o individual ata o colectivo.
2.1. Definir a intervención en función das necesidades.
2.2. Voluntariado, intervención social e xuventude.
2.3. A acción individual e a acción colectiva nas accións voluntarias.
2.4. A xuventude: definición, perfiles, necesidades e intereses.

MÓDULO 3: Os programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a acción voluntaria.
3.1. Tipoloxía de programas.
3.2. O rexistro de Acción Voluntaria. O Recoñecemento de experiencias.
3.3. Experiencias de voluntariado: desde o local ao internacional.
3.4. Recursos públicos e privados: axudas, subvencións.

MÓDULO 4: Aproximación xeral ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
4.1. Eixes de acción e medidas concretas.
Eixe 1: Ruptura do silencio: sensibilización e prevención.
Medida 19: Establecer un repositorio de boas prácticas, estudos e contidos a disposición das comunidades autónomas e Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, que permita o intercambio de experiencias eficaces no ámbito educativo...

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 12 ao 19 de novembro

Data prevista de realización: do 20 de novembro ao 20 de decembro
Para formalizar a matrícula, as persoas interesadas que xa sexan alumnos da plataforma deben premer na seguinte ligazón.

Todos aqueles que se matriculen por primeira vez na plataforma de teleformación deben premer nesta ligazón.


AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.