Boletín informativo 11 de Novembro de 2019 Nº: 411
Próximos cursos presenciais de voluntariado
A acción voluntaria e as posibles áreas de intervención das persoas voluntarias: Xuventude 2019

Lugar de impartición:
Residencia Xuvenil Altamar: R/ Cesáreo González, 4 - 36210 Vigo

Data prevista de realización: 13, 20 e 27 de novembro de 16:00 A 20:00 horas

Nº de horas: 12

Contidos:
MÓDULO 1:
Marco de referencia. Aproximación xeral.
1.1 As accións de voluntariado: que son, onde se poden levar a cabo, como e para que?; Marco legal e manexo da normativa vixente.
1.2 A persoa voluntaria: definición de perfiles, motivacións e intereses das persoas voluntarias. Dereitos e deberes das persoas voluntarias.
1.3 As entidades de acción voluntaria: que son, como se relacionan as entidades e as persoas voluntarias, identificación de necesidades obxecto de intervención dentro dun proxecto de acción voluntaria, quenes poden ser as persoas destinatarias da acción voluntaria e perfiles.
1.4 A xuventude: definición, perfiles, necesidades e intereses.

MÓDULO 2: Identidade e perfil das persoas voluntarias.
2.1. Perfil do voluntariado e posibles áreas de intervención coa xuventude.
2.2. Definición de roles.
2.3. Organigrama: funcións e responsabilidades.
2.4. Valores e actitudes.
MÓDULO 3: A intervención: desde o individual ata o colectivo.
3.1. Definir a intervención en función das necesidades.
3.2. A acción individual nas accións voluntarias.
3.3. A acción colectiva nas accións voluntarias.
MÓDULO 4: Os programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a acción voluntaria.
4.1. Tipoloxía de programas.
4.2. O rexistro de Acción Voluntaria. O Recoñecemento de experiencias.
MÓDULO 5: Voluntariado, intervención social e xuventude.
5.1. Experiencias de voluntariado: desde o local ao internacional.
5.2. Recursos públicos e privados: axudas, subvencións.
5.3. Boas prácticas. Innovación e creatividade.
MÓDULO 6: Aproximación xeral ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
6.1. Eixes de acción e medidas concretas.
Eixe 1: Ruptura do silencio: sensibilización e prevención.
Medida 19: Establecer un repositorio de boas prácticas, estudos e contidos a disposición das comunidades autónomas e Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, que permita o intercambio de experiencias eficaces no ámbito educativo.

Formulario de inscrición


Formación en igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero 2019

Lugar e data de realización: Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra - Avda. Mª Victoria Moreno, 43-9º - 36071 Pontevedra, do 19 ao 22 de novembro de 16:00 a 20:00 horas

Lugar e data de realización: Edificio Administrativo Ferrol - Praza Camilo José Cela, s/n - 15403 Ferrol, do 19 ao 22 de novembro de 16:00 a 20:00 horas


Nº de horas: 16

Contidos:
Módulo I.
A figura da persoa voluntaria no contexto da violencia de xénero.
Módulo II. Conceptos básicos en igualdade e xénero.
Módulo III. Orixes da violencia de xénero.
Módulo IV. Recursos Existentes. Prevención e afrontamento da violencia de xénero. Boas Prácticas.

Formulario de inscrición

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.