Boletín informativo 22 de Outubro de 2019 Nº: 409
ABERTA A INSCRICIÓN A 3 NOVOS CURSOS EN LIÑA NA PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN DE VOLUNTARIADOGALEGO.ORG
Xa está aberta na plataforma de teleformación de www.voluntariadogalego.org a inscrición a tres novos cursos do Plan de Formación de Voluntariado 2019:

**Curso en liña: Xestión e dinamización do voluntariado ambiental

**Curso en liña: Voluntariado e a transformación social

**Curso en liña: Educación e voluntariado ambiental 2019
**Curso en liña: XESTIÓN E DINAMIZACIÓN DO VOLUNTARIADO AMBIENTAL

Contidos:
MÓDULO I: VOLUNTARIADO AMBIENTAL
Conceptos básicos. Utilidade do voluntariado. Normativa relativa ao voluntariado. Redes
de voluntariado
MÓDULO II: ESTRATEXIAS E RESPONSABILIDADES DA ENTIDADE PROMOTORA
Procedementos administrativos. Responsabilidade civil. Coordinación e avaliación.
MÓDULO III: FERRAMENTAS PARA A ELABORACIÓN DE PROGRAMAS DE
VOLUNTARIADO

Planificación da acción. Ferramentas para o deseño e execución. Posta en marcha do Programa de voluntariado. Avaliación de efectividade
MÓDULO IV: XESTIÓN DO GRUPO. DINÁMICAS DE PARTICIPACIÓN E PROCESOS DE
INTEGRACIÓN

Definicións de grupo e xestión de grupos. Fases na xestión de grupos. Dinamización de equipos. Responsabilidades durante o desenvolvemento da actividade no medio natural.
MÓDULO V: TIPOS DE PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO
Responsabilidade social corporativa. Voluntariado empresarial. Voluntariado europeo.
Voluntariado en espazos protexidos.
MÓDULO VI: Módulo de 2h sobre violencia de xénero segundo as bases e principios do Pacto de Estado sobre Violencia de Xénero. MEDIDA: 250
Modalidade: en liña

Lugar de impartición:
Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 22 de outubro ao 19 de novembro

Data prevista de realización: do 22 de novembro ao 23 de decembro


**Curso en liña: VOLUNTARIADO E TRANSFORMACIÓN SOCIAL 2019

Contidos:
MÓDULO I: A participación social. Claves para transformar e transformarnos. Un voluntariado transformador, innovador, aberto, participativo e inclusivo.
MÓDULO II: Definindo espazos para a participación nas entidades sociais. Ámbitos de participación do voluntariado. Competencias da persoa voluntaria. Claves do voluntariado.
MÓDULO III: Motivacións do voluntariado. Miradas á realidade. Participación e cidadanía.
MÓDULO IV: Módulo sobre violencia de xénero segundo as bases e principios do Pacto de Estado sobre Violencia de Xénero. MEDIDA: 250

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 22 de outubro ao 8 de novembro

Data prevista de realización: do 12 de novembro ao 12 de decembro

**Curso en liña: EDUCACIÓN E VOLUNTARIADO AMBIENTAL 2019

Contidos:
MÓDULO I: Conceptos de Educación Ambiental para o Desenvolvemento Sostible.
Conservación da contorna e sustentabilidade.
MÓDULO II: O voluntariado e a participación ambiental.
Definición, significado, compromiso, organización, etc..
MÓDULO III: Educación para a Sustentabilidade
MÓDULO IV: A Carta da Terra.
MÓDULO V: Desenvolvemento e programación de proxectos relacionados coa
Educación para a Sostibilidade.
Sensibilización Ambiental.
MÓDULO VI: Módulo de 2h sobre violencia de xénero segundo as bases e principios
do Pacto de Estado sobre Violencia de Xénero. MEDIDA: 250

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: Do 22 de outubro ao 13 de novembro

Data prevista de realización: Do 15 de novembro ao 16 de decembro
Para formalizar a matrícula, as persoas interesadas que xa sexan alumnos da plataforma deben premer na seguinte ligazón.

Todos aqueles que se matriculen por primeira vez na plataforma de teleformación deben premer nesta ligazón.


AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.