Boletín informativo 18 de Setembro de 2019 Nº: 405
ABERTA A INSCRICIÓN A 2 NOVOS CURSOS EN LIÑA NA PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN DE VOLUNTARIADOGALEGO.ORG
Xa está aberta na plataforma de teleformación de www.voluntariadogalego.org a inscrición a dous novos cursos do Plan de Formación de Voluntariado 2019:

** Curso en liña: Voluntariado interxeracional

** Curso en liña: Formación en igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero 2019
Curso en liña: VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL

Data de inscrición: do 17 de setembro ao 25 de outubro.

Nº de horas: 20

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
Módulo I_ Voluntariado interxeracional e envellecemento activo.
-Claves do envellecemento activo
- O rol do voluntariado no envellecemento activo
-beneficios do voluntariado interxeracional

Módulo II_ Espazos para a intervención dende o voluntariado interxeracional.
-Claves no desenvolvemento de proxectos interxeracionais
-Os proxectos de acompañamento de voluntariado interxeracional
-Os proxectos educativos de voluntariado interxeracional

Módulo III_ A promoción da igualdade dende a acción voluntaria interxeracional.
- Análise da situación: Roles de xénero, estereotipos e linguaxe sexista. Que
podemos facer dende o voluntariado interxeracional?
- Unha perspectiva do xénero no voluntariado interxeracional
- A visibilización da muller maior nos proxectos de voluntariado interxeracional
Medida do PEVX
Medida nº 35- Visibilizar en campañas e actuacións ás mulleres maiores.

Módulo IV_ Metodoloxías innovadoras para o voluntariado interxeracional.
-Aprendizaxe servizo (ApS)
-Teatro social
-Radio

Módulo V_ Boas prácticas no voluntariado interxeracional dende unha perspectiva de xénero.
-Achegamento a proxectos interxeracionais no ámbito galego
-Claves para o desenvolvemento de proxectos de voluntariado interxeracional dende unha
visión de xénero.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data prevista de realización: do 29 de outubro ao 29 de novembro
Curso en liña: FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA A PREVENCIÓN E O AFRONTAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO 2019

Data de inscrición: do 17 de setembro ao 10 de outubro

Nº de horas: 20

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
Módulo I. A figura da persoa voluntaria no contexto da violencia de xénero.

Módulo II. Conceptos básicos en igualdade e xénero.

Módulo III. Orixes Da Violencia De Xénero.

Módulo IV. Recursos Existentes. Prevención E Afrontamento Da Violencia De Xénero. Boas Prácticas


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data prevista de realización: do 14 de outubro ao 15 de novembro
Para formalizar a matrícula, as persoas interesadas que xa sexan alumnos da plataforma deben premer na seguinte ligazón.

Todos aqueles que se matriculen por primeira vez na plataforma de teleformación deben premer nesta ligazón.


AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.