Boletín informativo 30 de Agosto de 2019 Nº: 403
PLAN DE FORMACIÓN DE VOLUNTARIADO 2019
Bos días, xa está dispoñible o plan de formación de voluntariado 2019.

A oferta inclúe 4 cursos en liña e 28 presenciais orientados á formación básica e formación especializada en materia de voluntariado. Tamén se contempla formación específica nas seguintes áreas: ambiental, interxeracional, xuventude e igualdade. A duración dos cursos, tanto en liña como presenciais, non supera en ningún deles as 20 horas.
Deste xeito, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado consolida a súa oferta formativa no ámbito do voluntariado, co obxectivo de mellorar estas accións e a xestión das mesmas. As persoas que participen,que poden ser tanto profesionais do ámbito como interesados en xeral, adquirirán desde coñecementos básicos na materia ata aspectos que afectan á planificación de proxectos de voluntariado e á súa xestión e dinamización, así como diferentes metodoloxías de actuación.


Premendo nesta ligazón atoparedes toda a información.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.