Boletín informativo 05 de Agosto de 2019 Nº: 401
Programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses de agosto, setembro, outubro e novembro de 2019.
O proxecto LIFE Evergreen with volunteer- LEWO é un proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade que está cofinanciado pola Unión Europea, a través da Dirección Xeral de Medioambiente, ao abeiro do programa LIFE ESC e a Xunta de Galicia por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia, así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.

Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.

Requisitos para participar:
-Ter entre 18 e 30 anos
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade. Rexistro a través do seguinte enlace ( //europa.eu/youth/solidarity_es)
-Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.

Prazo de inscrición: do 2 de agosto de 2019 ata tres días antes da realización de cada actividade.

Inscrición: Mediante formulario electrónico.
Admítese a inscrición en todas as actividades programadas.
A inscrición nesta actividade implicará a autorización expresa do/a mozo/a participantes da cesión dos seus datos ás persoas mentoras nas actividades aos efectos de organización, xestión e xustificación do desenvolvemento do proxecto.

Admisión:Será por riguroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non inscrición dun mínimo de persoas que garanta o normal desenvolvemento da actividade.

Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en cuartos de uso múltiple, seguros e actividades formativas.

Observacións: cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla, así como calzado e roupa axeitada para as actividades ao aire libre.
Para saber máis e anotarte ao programa preme na seguinte ligazón

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.