Boletín informativo 12 de Xullo de 2019 Nº: 399
PROGRAMA 'SON voluntario/a' Promoción do voluntariado xuvenil nos festivais de música '17º Ribeira Sacra' e 'Vive Nigrán'
A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social, pon en marcha un novo programa para promover o voluntariado xuvenil nunha área de especial interese e implicación da mocidade como son os festivais de música.

SON voluntario/a está destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos e empadroados en Galicia. Esta iniciativa busca promocionar o exercicio da acción voluntaria entre a xuventude, para que as persoas mozas coñezan o que significa ser voluntario e os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social.
Cómpre destacar que o nome do programa aglutina os dous conceptos presentes na filosofía da iniciativa:
- Por un lado o concepto do voluntariado (e o orgullo de realizar unha acción voluntaria).
- E por outro lado a palabra "son" relaciónase dun xeito claro e notorio co ámbito musical.
A organización do programa SON voluntario/a correrá por conta da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Son Voluntario/a chega ao Festival Vive Nigrán terá lugar do 18 ao 20 de xullo e o 17º Ribeira Sacra que se celebrará en 2 fins de semanas: o 19 e 20 de xullo e o 26 e 27 de xullo.
Obxectivos do programa
• Promover entre a xuventude galega o coñecemento da acción voluntaria.
• Enganchar aos mozos e mozas a actividades de voluntariado nun espazo relaxado e de diversión.
• Participar en eventos dirixidos a público mozo (como é o caso dos festivais de música) non só como espectador, senón tamén como axente activo.
• Conseguir que os mozos e mozas se sintan partícipes dos festivais, que vivan a experiencia desde dentro e poidan sentirse útiles prestando axuda e dando información ao público asistente.

Requisitos
• Ter entre 18 e 30 anos, ambos inclusive (enviar fotocopia do D.N.I a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).
• Estar empadroado/a nalgún concello de Galicia (enviar certificado de empadroamento a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).

Actividades a realizar polas persoas voluntarias
• Dar información de interese sobre os servizos que ofrece o festival (zona de comida, acampada, lugar dos aseos...).
• Facilitar a circulación de persoas dentro do recinto do festival, sobre todo naqueles puntos de maior concentración, ofrecendo información acerca doutras posibles solucións ou prestando apoio ao persoal da organización.
• Realización, de ser o caso,de actividades de sensibilización medioambiental e de integración co territorio, co fin de promover entre o público asistente a reciclaxe, así como unha consciencia sobre a necesidade de manter limpa a contorna.

Cuestións organizativas
• Os mozos e mozas voluntarias terán un punto de referencia en cada un dos festivais, no que estarán as persoas encargadas de coordinar o programa.
• Os voluntarios/as realizarán unha quenda dun máximo de 3 horas/día.
• Previamente, todos os mozos e mozas seleccionados para participar no programa deberán superar un curso básico sobre voluntariado, que estará dispoñible na web http://www.voluntariadogalego.org.

Dereitos dos mozos e mozas voluntarios participantes
• Acceso ao festival.
• Certificado de experiencias voluntarias expedido por parte da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, previa solicitude do participante.
• Seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Obrigas dos mozos e mozas voluntarios participantes
• Asistencia a unha reunión previa á celebración do festival para establecer todas as cuestións de organización, solucionar dúbidas e repartir as identificacións necesarias.
• Compromiso de asistencia á quenda previamente determinada e fixada cos coordinadores do programa. De non presentarse, quedarán bloqueados todos os dereitos anteriormente expostos.
• Realizar só as actividades que se contemplan neste programa como accións de voluntariado. Calquera outra indicación non se considerará actividade de carácter voluntario vinculada a SON Voluntario.
• Os gastos de transporte e hospedaxe, de ser o caso, serán de conta das persoas voluntarias.
• As persoas voluntarias acudirán ao punto de encontro dentro de cada un dos festivais.

COMO PARTICIPAR???

Os mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos, empadroados en Galicia, e que queiran vivir unha experiencia única como voluntarios/as no Festival Vive Nigrán poden inscribirse no programa SON Voluntario da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do formulario dispoñible na páxina web http://www.voluntariadogalego.org.
Nesta ocasión ofértanse un total de 12 prazas para o "Vive Nigrán" e 26 prazas para o "17 º Festival Ribeira Sacra", que serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. Se hai máis solicitudes que prazas, estas persoas pasarán a unha lista de agarda.

Formulario de inscrición "Vive Nigrán".
Formulario de inscrición "17º Ribeira Sacra".

O prazo de inscrición estará aberto ata cubrir as prazas.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.