Boletín informativo 15 de Maio de 2019 Nº: 394
Premios Estatais ao Voluntariado Social
Os Premios Estatais ao Voluntariado Social, supoñen un recoñecemento ao labor individual e colectivo, desenvolta por persoas físicas ou xurídicas que se distinguiron pola súa participación na acción voluntaria.
Concédese un único premio en cada unha das seguintes modalidades:
- Modalidade individual, dirixida ás persoas físicas.
- Modalidade colectiva, dirixida ás persoas xurídicas.

Ademais, poderá concederse unha mención honorífica para cada unha das modalidades mencionadas.

Os premios para a modalidade individual e para a modalidade colectiva consistirán nunha medalla alegórica da solidariedade voluntaria e un diploma de recoñecemento. Pola súa banda, as mencións honoríficas consistirán nun diploma de recoñecemento.
Os premios estatais creáronse mediante a Orde TAS/2793/2007 33/10000 que foi modificada mediante a orde SSI/1738/2013.

Convocatoria dos Premios Estatais ao Voluntariado Social 2019

Resolución de 8 de maio de 2019, da Secretaría de Estado de Servicios Sociais, pola que se convocan os Premios Estatais ao Voluntariado Social 2019.

Publicación no B.O.E. do extracto da Convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 16 de maio ata o 26 de xuño, ambos inclusive.

Presentación presencial:
Anexo I.- Formulario de Solicitud Modalidad Individual
Anexo I.- Formulario de Solicitud Modalidad Colectiva
Anexo II.- Modelo de Memoria de Méritos
Anexo III.- Modelo de Declaración de Adhesión

Presentación telemática:
Solicitude Modalidade Individual e Colectiva

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.