Boletín informativo 27 de Marzo de 2019 Nº: 393
CURSO DE FORMACIÓN EN LIÑA. CURSO DE VOLUNTARIADO NIVEL BÁSICO 2019
Hoxe abre o prazo para inscribirse no curso en liña CURSO DE VOLUNTARIADO. NIVEL BÁSICO 2019 que se impartirá a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org.
Este curso está dirixido preferentemente a persoal técnico de nova incorporación e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, que non realizaran con anterioridade o curso básico de voluntariado.

Esta acción formativa, de 20 horas lectivas e sen límite de prazas, está estruturada en catro módulos e a través dela as persoas participantes terán unha introducción ao mundo do voluntariado, que é, como naceu, que o rixe, etc... Inclúe a historia do voluntariado, tipos de voluntariado, marco legal, que son as entidades de acción voluntaria, como facerte voluntario e onde e incorporación da persoa voluntaria a unha entidade.
Para formalizar a matrícula, as persoas interesadas que xa sexan alumnos da plataforma deben premer na seguinte ligazón.

Todos aqueles que se matriculen por primeira vez na plataforma de teleformación deben premer nesta ligazón.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.