Boletín informativo 19 de Outubro de 2018 Nº: 388
PROGRAMA XUNTOS E VOLUNTARIOS NO NADAL 2018
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, por sétimo ano consecutivo, coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.
“Xuntos e Voluntarios no Nadal” é unha iniciativa de ambos departamentos que se pon en marcha coa pretensión de que todo aquel/a que así o desexe poida acudir como voluntario/a, e prestar o seu apoio e colaboración nas actividades, así como ofrecer a súa compaña aos maiores que participan no programa XUNTOS POLO NADAL da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade a través do cal se aloxan na Residencia de Tempo Libre do Carballiño e na Residencia de Panxón en Nigrán nesas datas tan sinaladas, co fin de que non as pasen sos.

Se queres saber máis e anotarte ao programa preme na seguinte ligazón

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.