Boletín informativo 12 de Setembro de 2018 Nº: 384
VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2018: ILLA DE ONS
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural poñen en marcha un ano máis o programa de voluntariado ambiental no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, na Illa de Ons.
O obxectivo principal é o de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación etnográfica, medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.


As actividades previstas son as seguintes:

• Ruta de recoñecemento da illa e lugares de traballo.
• Eliminación de lixo mariño nas praias e sistemas dunares.
• Eliminación de Especies Vexetais Exóticas Invasoras (EEI).
• Eliminación de rebrotes de eucaliptos.
• Labores por definir en caso de crisis ambiental como incendio, vertedura de hidrocarburos, varamentos de animais mariños...


O programa desenvolverase en quendas de 5 días, onde poderán participar un máximo de 6 persoas voluntarias, do seguinte xeito:
1ª QUENDA: Do 24 ao 28 de setembro.
2ª QUENDA: Do 01 ao 05 de outubro
Para máis información e inscrición preme na seguinte ligazón

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.