Boletín informativo 14 de Maio de 2018 Nº: 381
Abre o prazo de inscrición para o curso presencial ´VOLUNTARIADO AMBIENTAL 2018´
O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 24 de maio ás 14:30h e a realización do curso será do 28 de maio ao 1 de xuño de 16:00 a 20:00h no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (R/ Ramón Piñeiro 17-19 - Santiago de Compostela).
Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº. de horas: 20

Nº. de prazas: 25

Contidos:

Módulo I. O voluntariado ambiental.
-Enmarcando as liñas principais do voluntariado ambiental
-Marco legal do voluntariado
-Por qué voluntariado ambiental?
- A participación social: Unha necesidade no contexto actual

Módulo II. A dimensión da crise ambiental
- O papel do ser humano na degradación ambiental
- Escenarios da crise ambiental: Crise climática, biodiversidade e crise das desigualdades
- Consecuencias e impactos
- Como actuamos dende o voluntariado?

Módulo III. Sensibilización e educación ambiental.
- Educación ambiental como ferramenta transformadora
-Tipoloxía de actuacións de educación ambiental dende a perspectiva do voluntariado

Módulo IV. Boas prácticas no voluntariado ambiental
- Experiencias de interese
- Estratexias e recursos para o voluntariado ambiental no noso contexto

Se estás interesada/o en inscribirte preme a seguinte ligazón e cubre o correspondente formulario de inscrición

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.