Boletín informativo 17 de Abril de 2018 Nº: 378
Orde do 3 de abril de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado
Hoxe sae publicada no DOG a orde do 3 de abril de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.
Entidades beneficiarias
Entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2018.

Obxecto
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro e se procederá á súa convocatoria para o ano 2018. Os programas e actividades de acción voluntaria presentados polas entidades de carácter privado e sen ánimo de lucro, deberán desenvolverse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Bases reguladoras e convocatoria
Orde do 3 de abril de 2018 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado durante o ano 2018.

Contía
A contía global da convocatoria é de cento corenta e un mil trinta con setenta e cinco céntimos (141.030,75 €) para entidades de acción voluntaria. Finánciase o 75 % do proxecto, cuxo orzamento non poderá ser superior a 4.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Outros datos
Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de beneficiarios. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias con que se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada un dos/das voluntarios/as, e do número de días que participará cada un, así como dun orzamento desagregado do custo de todas as actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso doutra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima e a concesión efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.