Boletín informativo 05 de Decembro de 2017 Nº: 374
Proxecto LEWO 'Vida permanente con voluntarios' - LIFE16 ESC - : un proxecto para a xuventude que desfruta e coida a natureza
Queres participar nun proxecto de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia?
Tes interese pola natureza e a contorna na que vives?
Presta atención.....
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural (DXPN) poñen en marcha o proxecto “Vida permanente con voluntarios” (Evergreen With volunteer) -acrónimo LEWO-, ao abeiro do programa LIFE 2016 do Corpo de Solidariedade Europeo.

Con este proxecto preténdese:

- Contribuír á redución do impacto que a acción humana ten sobre o Patrimonio Natural.
- Facer sustentable o uso de recursos naturais.
- Promover a educación ambiental e a participación cidadá no coidado da natureza.

O obxectivo final é potenciar o patrimonio natural de Galicia a través da creación dun grupo de mocidade voluntaria que ata xuño de 2019 realizará diferentes actividades dentro de 17 dos hábitats naturais da rede Natura 2000 e áreas especiais de protección de aves en Galicia.
As persoas voluntarias desenvolverán actividades de:

- Preservación e conservación de 17 áreas Natura 2000 de Galicia.
- Investigación (catalogación de flora e fauna de Galicia)
- Educación (Sensibilización, formación, exposición)


Se tes entre 18 e 30 anos e interésache participar nesta actividade de voluntariado ambiental, primeiro debes inscribirte como persoa voluntaria no Corpo Europeo de Solidariedade:
http://europa.eu/youth/SOLIdARity_es Portal Europeo da Xuventude)

Prazas: 300. Prevese unha reserva dun 10% das prazas para mozos e mozas con diversidade funcional.

Podes solicitar máis información:
No correo electrónico erasmus.xuventude@xunta.gal e no teléfono 881 999 567.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.