Boletín informativo 06 de Novembro de 2017 Nº: 371
Hoxe abre a matrícula do Curso en liña: Voluntariado en proxectos de dinamización de envellecemento activo e saudable
Esta acción formativa conta con 20 horas lectivas estruturadas en catro módulos e non hai límite de prazas.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición na plataforma dixital do Voluntariado Galego.
Esta acción formativa, de 20 horas lectivas e sen límite de prazas, está estruturada en catro módulos e as persoas participantes comezarán aproximándose aos conceptos clave no ámbito do envellecemento activo, onde o estudo do papel do voluntariado e as súas experiencias innovadoras así como a análise da Estratexia galega de envellecemento activo desde a innovación 2016-2020 (Esgaen), definirán os primeiros contidos formativos.

Así mesmo, estudaranse metodoloxías, tipos de intervencións e o rol do voluntario e desenvolveranse proxectos integrais de envellecemento activo e saudable.
O curso inclúese no plan de formación para as persoas voluntarias e os profesionais de promoción e xestión do voluntariado proposto desde Voluntariado Galego, co obxectivo de mellorar a xestión do ciclo da acción voluntaria. Unha meta en consonancia cos retos establecidos na Estratexia galega de acción voluntaria 2016-2018.
Para formalizar a matrícula, os interesados que xa sexan alumnos da plataforma deben premer na seguinte ligazón.

Todos aqueles que se matriculen por primeira vez na plataforma de teleformación deben premer nesta ligazón

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.