Boletín informativo 29 de Setembro de 2017 Nº: 370
PLAN DE XUVENTUDE DE GALICIA 2018-2020 WORLD CAFÉ
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado segue a avanzar na elaboración do novo Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2018-2020, como instrumento de planificación que establecerá o marco de actuación plurianual nas políticas de xuventude na nosa comunidade autónoma.

Queremos que o proceso de elaboración do Plan sexa o máis participativo posible e para iso invitamos a todas as persoas e institucións interesadas a participar nunha conversa conxunta. Invitámosvos a un World Café. Anímate e apúntate!

Poden participar neste encontro calquera axente que se sinta implicado na elaboración do novo Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia, e nomeadamente, todos os mozos e mozas galegas, membros de asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, de entidades de acción voluntaria, escolas de tempo libre, informadores e técnicos xuvenís, alcaldes e/ou concelleiros e concelleiras de xuventude.

Cando e onde vai ser?
•Venres, 20 de outubro, de 17 a 20 horas en Lugo e Ourense.
•Venres, 27 de outubro, de 17 a 20 horas en Vigo e A Coruña.


Para máis información preme na seguinte ligazón.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.